Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A concelleira de Cultura destaca o nivel de integración da comunidade norueguesa en Ares
09 xuño 2008 13:05
A concelleira de Cultura, Ana Fernández, inaugurou esta mañá as catro exposicións que, con motivo da Semana Norueguesa, estarán abertas ao público ata o vindeiro sábado, día 14. A edil fixo un percorrido polas mostras, ubicadas na Alianza Aresana (a de debuxos de nenos dos colexios Soreide Skole de Bergem e Conde de Fenosa de Ares, que suman uns 130, e a de literatura infantil) e nun baixo, o do número 45, da rúa Real (a exposición vikinga e a de fotografías realizadas polos alumnos de Imaxe e Prensa de Bergem).
Fernández destacou na súa intervención a integración da comunidade noruguesa en Ares, afirmando que son familias moi “participativas” nas actividades que se desenvolven no municipio e interesadas en coñecer a nosa cultura. E precisamente pola importancia que ten esta comunidade en Ares e co obxectivo de dar a coñecer a súa cultura e potencialidades turísticas e comerciais (“eran un pouco uns pequenos descoñecidos”, dixo a concelleira socialista), xurdíu a idea de por en marcha esta Semana Norueguesa.
A edil explicou de novo o programa de actividades que se levarán a cabo ao longo destes días, e que terán no sábado a xornada central. Dende as dúas da tarde, os cidadáns poderán degustar no parque Rosalía de Castro algúns dos produtos máis destacados do país nórdico, como salmón, carne de reno e un froito similar á frambuesa que unicamente nace nas montañas norueguesas. Ás seis da tarde será a clausura, que contará coa presenza do conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu; o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o embaixador de Noruega en España, Per Ludvig Magnus; e do alcalde de Ares, Julio Iglesias. O acto rematará cun concerto, previsto para as oito, no que actuarán o grupo noruegués Triodite, a Banda de Gaitas de Ares, e a formación folk Roncarela.
En canto ás mostras, Fernández informou de que poderán ser visitadas entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 17.00 e as 21.00, no caso das exposicións situadas na rúa Real, e entre as 10.00 e as 14.00 e as 16.00 e a hora de remate das conferencias previstas para cada xornada, no caso das instaladas na Alianza Aresana. Como curiosidade, a edil de Cultura referiuse á boa acollida que tivo entre os nenos e nenas a mostra de debuxos, apuntando que no caso de Ares (foron feitos por escolares de 3º e 4º de Primaria) moitos dos pequenos fixeron retratos dos seu propios compañeiros de clase (o Conde de Fenosa conta cun bo número de nenos e nenas noruegueses).
Finalmente, a concelleira lembrou o programa de conferencias que se desenvolverán estes días a cargo de relatores de prestixio que abordarán diversos temas de interese sobre Noruega e as relacións entre os dous países. A primeira terá lugar esta tarde, ás 20.00 horas no salón de actos da Alianza. Nesta charla, Oyvind Fossan, presidente da Fundación Princesa Kristina, falará sobre os lazos históricos entre España e Noruega.
Xa mañá martes, o turno será para Carmen Sanz, presidenta da Cámara de Comercio Hispano-Norueguesa. O tema que abordará Sanz (a hora e o lugar é o mesmo para tódalas conferencias) é o do comercio e o xeito de facer negocios entre os dous países.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares