Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local lembra ao BNG que leva pedindo axudas para o campo de fútbol dende que se fixo cargo da Alcaldía
06 xuño 2008 13:08
O equipo de goberno de Ares quere saír ao paso das manifestacións realizadas na prensa polo BNG sobre a convocatoria dunha subvención por parte da Deputación Provincial para a dotación de alumeado e obras complementarias nos campos de fútbol incluidos nos seus proxectos de aplicación de herba artificial, nas que instaba ao alcalde a adoptar as medidas necesarias para a participación do Concello. Neste sentido, o grupo de goberno matiza, en primeiro lugar, que o Concello sempre solicita aquelas subvencións que poden beneficiar ao municipio, tanto neste coma neutros moitos casos e áreas de actuacións, engandindo que esta convocatoria saíu publicada onte, polo que dificilmente pode estar formalizada a día de hoxe.
Por outra banda, os responsables municipais queren lembrar aos nacionalistas que a dotación de alumeado para o campo de fútbol de Prados Vellos xa foi solicitada o ano pasado á Dirección Xeral de Deporte, en mans do BNG, sendo denegada como calquer outra axuda pedida polo Concello de Ares a este organismo dependente da Consellería de Cultura dende hai máis de cinco anos. A mesma actuación foi remitida de novo na convocatoria deste ano (Orde do 5 de marzo de 2008), saíndo do Concello o 24 de marzo, así como á Deputación. Neste caso, a administración local pedíu unha subvención de 35.000 euros (no da Dirección Xeral para o Deporte a contía é de 105.317,62 euros, xa que ademais do alumeado incluíu no proxecto a adaptación das instalacións á nova normativa eléctrica) para a primeira fase do alumeado e as torretas.
Polo tanto, queda máis que constatado o interese do grupo de goberno e o traballo desenvolvido a este respecto para contar co financiamento necesario para dotar a Prados Vellos das infraestructuras e medios necesarios. Iso si, os responsables locais pensan que se o grupo municipal do BNG ten tanto interese en que o Concello reciba unha subvención para o campo de fútbol, nada mellor que utilicen o seus contactos coa Dirección Xeral para o Deporte para que este ano, por fin, Ares reciba algunha axuda económica para as súas instalacións deportivas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares