Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O porto se Ares convertirase na capital galega das traíñas o vindeiro día 15
05 xuño 2008 15:04
O alcalde de Ares, Julio Iglesias e a concelleira de Cultura, Ana Fernández, por parte do Concello, e Germán Sánchez, delegado; Montero Penedo, adestrador e directivo; e Juan Manuel Vidal, remeiro e capitán do equipo de Ares, por parte do Clube de Remo de Ares, presentaron esta mañá na Casa Consistorial a “1ª Bandeira de Traíñas Concello de Ares”, que terá lugar o 15 deste mes a partires das 11.30 horas e coa que se dará por iniciada a Liga Galega desta modalidade deportiva.
A colaboración do Concello de Ares, que se retomou, como subliñaron desde a entidade aresá, o pasado ano, foi determinante para poder celebrar neste municipio dita importante cita. Neste sentido, o Clube de Remo lembrou que ata o de agora dito clube viña participante nas ligas, aínda que sen desenvolver unha regata no seu porto.
Neste sentido, o alcalde, Julio Iglesias, puxo de manifesto o inicio dunha colaboración “moi intensa” co Clube de Remo, que este ano celebra o 50 aniversario da súa creación. Así, abogou por recuperar a tradición remeira deste municipio, no que antes se celebraban regatas coincidindo con datas festivas. Nesta liña, Iglesias subliñou a importancia de contar con bos adestradores, pero tamén con recursos materiais de nivel; de aí a renovación das súas embarcacións que a entidade está levando a cabo grazas á aportación municipal incluida nos orzamentos deste exercicio e que ascende a 24.000 euros.
Pola súa banda, o delegado do Clube de Remo, Germán Sánchez, asegurou que a bandeira do día 15 é un acontecemento moi importante, xa que ata o de agora Ares nunca acollera un evento destas características e deste nivel. Tanto o delegado como Montero Penedo, un dos adestradores da entidade e directivo da mesma, fixeron fincapé na implicación do Concello, sen a que sería posible, dixeron, a celebración da regata neste municipio. De feito, Ares é o pobo máis pequeno dos que participan na Liga Galega de Traíñas que organiza unha bandeira.
Aínda que a regata comezará ás 11.30 horas, a actividade iniciarase ás 09.00 horas, coa realización das comprobacións técnicas oportunas e as pesaxes das embarcacións, así como a reunión dos diferentes delegados.
En total, terán lugar catro regatas, dúas na modalidade de “lanzadas” e outras dúas na categoría de “por tempos”. Os premios acadarán a contía de 6.000 euros, que se repartirán de forma escalonada segundo a clasificación final.
As aspiracións para este ano do Clube de Remo de Ares, en palabras do capitán, Juan Manuel Vidal, pasan por mellorar os resultados da tempada pasada, na que os remeiros desta entidade quedaron no posto 14.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares