Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza unha Semana Noruega para estreitar lazos entre a comunidade aresá a a do país nórdico
05 xuño 2008 15:02
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a responsable de Prensa da Embaixada de Noruega en España, Lotte Katrina, presentaron esta mañá a “Semana Noruega en Ares”, que se desenvolverá entre os días 9 e 14 de xuño, e que está organizada polo propio Concello, a Embaixada e a Consellería de Innovación e Industria (a través da Dirección Xeral de Turismo) coa colaboración de Norge (Consello de Produtos do Mar de Noruega).
Como explicou o rexedor socialista, a iniciativa xurde como un agradecemento á comunidade norueguesa (no municipio viven na actualidade unhas 80 familias), que dende hai catro anos, e grazas ao acordo de construcción das cinco fragatas para o país nórdico, se foi establecendo en Ares ata convertirse no lugar de preferencia dos militares e das súas familias. Nestes momentos, dixo Iglesias, os lazos creados son moitos e, grazas a estas actividades que se desenvolverán ao longo da vindeira semana, poderán estreitarse aínda máis.
“Os noruegueses veñen participando con ilusión en tódolos acontecementos que se celebran en Ares e agora chegou o momento de que nós participemos nos seus”, manifestou o alcalde, que non quixo esquecer os beneficios que supón a presenza desta comunidade para a economía deste municipio, así como para a súa potenciación turística. De feito, non só destacou o retorno de moitos dos noruegueses que xa non están en España cada verán para disfrutar en Ares das súas vacacións, senón que tamén fixo fincapé na importancia dos intercambios que poden xurdir dos nenos e nenas que están escolarizados no centro de Ares e da posible utilización do mosteiro de Santa Catalina, unha vez que se convirta nun establecemento hoteleiro, para a acollida preferente de noruegueses e, deste xeito, garantir o ocupación durante todo o ano.
Con estas xornadas, tamén Noruega quere potenciar a súa cultura e os seus atractivos turísticos cun país que é visitado cada ano por 800.000 cidadáns noruegueses (cifra máis que salientable, xa que Noruega conta cunha poboación de 4,5 millóns de habitantes).
De feito, Lotte Katrine manifestou o “entusiasmo” co que a Embaixada acolleu esta iniciativa promovida polo Concello, xa que ata o momento unicamente se promovera a parte comercial entre países. Katrine asegurou que as familias que residen en Ares están “encantadas” e destacou o esforzo realizado polo colexio Conde de Fenosa para integrar aos fillos dos militares noruegueses; un aspecto moi valorado por esta comunidade, segundo dixo a responsable de Prensa da Embaixada.



EXPOSICIÓNS

E precisamente os nenos, que seguirán, como indicou Iglesias, tendo contacto entre eles nun futuro e que serán a principal fonte de intercambios, serán os protagonistas de parte do programa de actividades organizadas. Así, durante toda a semana (dende o 9 ata o 14) estarán abertas ao público varias exposicións. A primeira, na Alianza Aresana, a de debuxos infantís, que consiste na mostra de ilustracións feitas por nenos de Ares sobre o que pensan que é un pobo pesqueiro noruegués e, no caso de Noruega, dos nenos do colexio Foreide Skole con debuxos sobre Ares.
A segunda das mostras terá como escenario o baixo do número 45 da rúa Real e será sobre os vikingos, un tema que, como dixo Lotte Katrina, chama moito a atención dos pequenos de España. A literatura será a protagonista doutra das exposicións, que estará aberta ao público na Biblioteca Municipal. Trátase dunha selección de literatura infantil noruguesa traducida ao español, que despois será donada á propia biblioteca aresá.
Finalmente, e tamén no número 45 da rúa Real, terá lugar unha exposición fotográfica feita por alumnos de Imaxe e Prensa de Bergem. A través de 21 imaxes en tamaño A3, os rapaces recolleron instantáneas dos lugares máis relevantes desta localidade para mostrar aos mozos e mozas de Ares. Estas fotos viaxarán dende Bergem a Ferrol a bordo dunha das fragatas construidas por Navantia e que coincidirá co resto dos barcos rematados e os que están en fase constructiva o 14 de xuño.

DÍA GRANDE

Esta xornada, a do 14, será a do Día Grande desta Semana Noruega en Ares. O parque Rosalía de Castro acollerá, ás 14.00 horas, unha degustación gastronómica, que será elaborada polos cociñeiros das fragatas e que consistirá en carne de reno, unha froita similar á frambuesa, pero amarela, que é moi preciada no país nórdico e que só crece nas súas montañas, e salmón.
Ás 18.00 horas terá lugar a clausura do programa, que correrá a cargo do conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu; o director xeral de Turismo, Rubén Lois; o embaixador de Noruega en España, Per Ludvig Magnus; e o alcalde de Ares, Julio Iglesias. Os actos rematarán cun concerto, a partires das 20.00 horas, do grupo Triodite (rapazas norueguesas de grande prestixio na música vocal no seu país e que interpreterán cancións tradicionais), a Banda de Gaitas de Ares e o grupo folk Roncarela, tamén deste municipio.

CONFERENCIAS

Durante tódalas xornadas tamén se desenvolverán conferencias –todas elas ás 20.00 no salón de actos da Alianza Aresana- sobre diferentes temas, que servirán para coñecer un pouco máis a realidade norueguesa. A primeira será o luns día 9 e terá como conferenciante a Oyvind Fossan, presidente da Fundación Princesa Kristina, que falará sobre os lazos históricos entre os dous países.
O martes, Carmen Sanz, presidenta da Cámara de Comercio Hispano-Norueguesa, explicará a colaboración empresarial e o xeito de facer negocios entre España e Noruega, mentres que o mércores o catedrático da Universidade Complutense Enrique Bernández abordará a historia nórdica e vikinga.
Eugenia Fierros, directora da Oficina de Turismo de Noruega en España, será a encargada de impartir a conferencia do xoves, que versará sobre o turismo e as potencialidades do país nórdico, e Kirsti Baggethun, agregada cultural da Embaixada de Noruega, falará o venres sobre a cultura norueguesa.
O alcalde de Ares mostrou o interese do Concello por manter e incluso incrementar a relación bilateral entre o seu municipio e Noruega, tanto a través deste tipo de iniciativas como de outras de cara ao futuro. Tamén fixo un chamamento aos veciños para que se impliquen, como o veñen facendo os noruegueses con Ares, nestas actividades.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares