Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 29 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello celebra o Día do Medio Ambiente co programa de actividades "Ambientares"
05 xuño 2008 09:43
Co gallo da delebración do Día de Medio Ambiente, o Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, organiza o programa “Ambientares”, que terá lugar mañá xoves día 5 na Alianza Aresana e que será coordinada pola Escuela de la Naturaleza y Producciones Audiovisuales “Selva Lupi”.
Dita actividade, que durará entre dúas e tres horas, constará de catro módulos principais, denominados Terra, Auga, Aire e Lume, polo que cada iniciativa estará relacionada con estes elementos.
O de Terra trata dos animais que viven na terra ou vinculados a ela. Desenvolverase a “Olimpiada da Fauna”, un grande xogo de probas no que tanto nenos como maiores poderán amosar a súa destreza, forza e habilidade.
O módulo de Auga consistirá nunha videoproxección de dous audiovisuais producidos por “Selva Lupi” pertencentes á serie infantil “Lupus el Aventurero”. No primeiro, apréndese o perxudicial que son as pilas domésticas para o medio acúatico, mentres que no segundo explicarase o funcionamento dunha estación depuradora de augas residuais urbana.
“A aventura vexetal” é o nome do xogo enmarcado no módulo do Aire. Neste caso, os participantes aprenderán as funcións de vital importancia da flora, purificando o aire e refrescando o ambiente.
Finalmente, o cuarto módulo, o do Lume, contempla o “Gran Xogo do Lume”, unha actividade pola que, a través de preguntas e respostas, se trata de educar na prevención dos lumes forestais. Deste xeito, os participantes tentarán apagar o maior número de lumes posible coas súas despostas acertadas, simulando o feito de que o lume se apaga entre todos.
As actividades estarán dirixidas por dous educadores, ambos con titulación oficial en materia de tempo libre.
Dende a Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández, anímase a participar nesta iniciativa, que está dirixida a tódolos públicos e que comezarás ás 17.00 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares