Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 28 de Marzo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A páxina web do Concello de Ares acada a "Doble A" de accesibilidade
02 xuño 2008 11:47
A páxina web do Concello de Ares, en funcionamento dende o pasado mes de febreiro, cumpre coa “Doble A” de accesibilidade, o que garante un elevado nivel. De feito, é unha das poucas web da comarca que o acadou.
¿E que é a accesibilidade web? Pois poderiase definir como a posibilidade de que un produto ou servizo web poida ser utilizado polo maior número de persoas, independentemente das limitacións propias do individuo ou das derivadas do contexto de uso. É dicir, falar de accesibilidade web é facelo dun acceso universal á web, ao marxe do tipo de hardware, software, infraestructura de rede, idioma, localización xeográfica e capacidades dos usuarios.
Con este concepto, naceu a Iniciativa de Accesibilidade WEB, coñecida como WAI (Web Accessibility Initiative), cuxa principal misión é a de acadar un deseño accesible a través de pautas consideradas como estándares internacionais e que proporcionan solucións accesibles para o software web e os propios desenvolvedores, reducindo así barreiras á información.
As principais limitacións son, en primeiro lugar, as discapacidades dos usuarios, que poderían dividirse entre as visuais, auditivas, motrices e as cognitivas e de linguaxe. Pero, ademais, existen outras limitacións derivadas do contexto de uso e do dispositivo de acceso empregado (hardware e/ou software).
Grazas á “Doble AA”, que vén rachar con estas barreiras, a web do Concello de Ares cumpre cos requisitos que esixe a Certificación de Accesibilidade Web. Dita certificación significa que o Concello cumpre cos requisitos especificados na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Información e Comercio Electrónico; a Lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, Non discriminación e Accesibilidade Universal das persoas con discapacidade; e o Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aprobaba o regulamento sobre condicións básicas para o acceso das personas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares