Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Confraría de Ares xa dispón da carretilla elevadora hidráulica para redes
12 Decembro 2007 14:05
A Confraría de Pescadores de Ares conta dende onte cun novo vehículo que contribuirá a mellorar as tarefas que desenvolven os traballadores do pósito. Trátase dunha carretilla elevadora telescópica para redes, un elemento de traballo que foi contratado hai uns meses pola Dirección Xeral de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellería que dirixe a socialista Carmen Gallego á empresa Cardelle Hidráulica, S.L.
O prazo de entrega da carretilla, como explicou o responsable deste departamento, José Manuel López, na visita que efectou ao Concello de Ares o pasado 13 de setembro, era de cinco meses, estando prevista a mesma o día 19 deste mes. Como se pode constatar, finalmente dito prazo redúxose nuns días, xa que o vehículo foi entregado á Confraría onte, día 11.
A inversión total foi de 70.528 euros e, en palabras do director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, a carretilla hidráulica non estaba incluida no Plan de Desenvolvemento Pesqueiro iniciado co anterior Goberno da Xunta en 2004, senón que substituíu a un pórtico grúa integrado no proxecto do edificio de departamentos –xa adxudicado- que se axustaba mellor ás necesidades dos integrantes do pósito de Ares.
Con esta actuación, á que se sumará próximamente a mencionada nave multiusos que se construirá no peirao da vila –xunto ao Náutico-, e que estará en funcionamento en maio de 2008, o Plan estará cumprido nun 90%, fronte ao 7% de hai uns meses. Restará entón a realización de pequenas cuestións e equipamentos, que, en todo caso, son testimoniais.
Para o alcalde de Ares, Julio Iglesias, a rapidez coa que Pesca está a cumprir coa Confraría de Pescadores amosa o compromiso desta Consellería cun municipio que, como subliñou, “é un pobo de pescadores de toda a vida”. Nesta liña, incidíu na importancia que ten a pesca para Ares, asegurando que a día de hoxe segue a ser a primeira industria do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares