Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Notable incremento do uso do transporte adaptado no segundo mes de funcionamento deste servizo
11 Xaneiro 2008 11:10
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, quixeron coñecer en primeira persoa o funcionamento do transporte adaptado, que o Concello, en colaboración coa Asociación Sociocultural de Minusválidos, puxo en marcha o pasado mes de decembro.
O rexedor fixo varias das viaxes que a furgoneta realizou durante a tarde, consistentes nestes casos no traslado de persoas da terceira idade ao centro de maiores da vila, donde atende unha vez á semana unha podóloga e no que, ademais, moitas destas persoas pasan parte das tardes.
O servizo, como indicaron o conductor e a auxiliar que cada día, de luns a venres, o atenden, é utilizado cada vez por un maior número de persoas, sobre todo da terceira idade, aínda que tamén o usan algúns cidadáns con discapacidade. Precisamente estes colectivos son os beneficiarios do transporte adaptado, que presta os servizos que se requiran por parte dos usuarios, aínda que ata o momento os máis demandados son os traslados aos diferentes centros hospitalarios da zona e ao centro de saúde e de maiores de Ares.
Os horarios de atención ao público caracterízanse pola súa flexibilidade, xa que se adaptan ás necesidades dos usuarios, sen ben o servizo remata ás 20.30 horas.
Os traballadores coinciden en destacar o notable incremento de usuarios que se vén experimentando nas últimas semanas e, de feito, aseguraron que xa teñen servizos contratados para os vindeiros sete días.
Cabe lembrar que o transporte adaptado non ten custe algún para os veciños de Ares, xa que se trata dun servizo que asume integramente o Concello, que quere con esta iniciativa mellorar a calidade de vida dos sectores da poboación con maiores problemas, tanto físicos como, moitas veces, tamén de tipo económico. O goberno local agarda incrementar aínda máis o número de usuarios a medida que o servizo se vaia coñecendo.
Segundo os traballadores, a satisfacción dos usuarios é evidente, xa que todos os cidadáns que chamaron para solicitalo –hai que facelo cun mínimo de antelación de 24 horas- xa repetiron.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares