Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 21 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Consellería de Traballo concede 120.507 euros para varios programas de emprego
23 Maio 2008 14:12
A Consellería de Traballo, a través da Delegación Provincial, vén de conceder unha serie de subvencións, que en total superan os 120.500 euros, para a realización de tres programas promovidos polo Concello de Ares e que suporán a contratación de 17 desempregados.
En primeiro lugar, aportará 51.375,6 euros para o Programa de Atención ás Praias, que inclúe a contratación durante un período de tres meses de seis peóns para a limpeza dos areais do municipio e de catro socorristas.
A segunda das subvencións afectan ao Programa de Apoio aos Servizos Sociais. Neste caso, a axuda de Traballo ascende a 26.513,16 euros e suporá a contratación de dúas personas para a atención da axuda a domicilio e dun animdor cultural. A duración do contrato será de seis meses.
Finalmente, o Concello disporá de catro peóns para o Programa de Limpeza e Mantemento de Espazos Públicos durante un período de seis meses. O desembolso que fará a Delegación Provincial neste apartado é de 42.619,2 euros.
Agora, o Concello dispón dun prazo dun mes, contado a partires da data especificada pola Administración local como o inicio de cada programa (o 1 de xuño nos tres casos), para levar a cabo toda a tramitación necesaria, incluida a contratación dos traballadores. Deste xeito, o 1 de xullo, como data límite, o novo persoal xa estará no seu posto de traballo.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares