Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 02 de Octubre de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
RUTAS SENDAres VERDE

PROGRAMA SENDAres 2023

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

QUERE O TEU MERCADO 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Dentro das actividades que integran a quinta edición do Ares Indiano, veciñanza e visitantes atoparán un abano de actividades
18 Agosto 2022 13:00
Dentro das 28 actividades que integran a quinta edición do Ares Indiano, veciñanza e visitantes atoparán un abano de actividades que permutan entre a música, a divulgación histórica e o recoñecDentro das 28 actividades que integran a quinta edición do Ares Indiano, veciñanza e visitantes atoparán un abano de actividades que permutan entre a música, a divulgación histórica e o recoñecDentro das 28 actividades que integran a quinta edición do Ares Indiano, veciñanza e visitantes atoparán un abano de actividades que permutan entre a música, a divulgación histórica e o recoñec
Dentro das 28 actividades que integran a quinta edición do Ares Indiano, veciñanza e visitantes atoparán un abano de actividades que permutan entre a música, a divulgación histórica e o recoñecemento da importancia social dos migrantes na vila!

Nesta publicación atoparás máis información sobre algunhas das propostas desta fin de semana:

DÚAS EXPOSICIÓNS PARA ENTENDER O NOSO PASADO

Do 20 ao 31 de agosto, Ares contará cun par de exposicións, distribuídas entre a Alianza Aresana e a Agrupación Instrutiva de Caamouco, para todos aqueles interesados/a na historia.

“Inventio Mundi: Galicia nas viaxes transoceánicas nos séculos XV-XVII” chega á Agrupación Instrutiva de Caamouco, entidade colaboradora do evento, para rendir homenaxe ós navegantes galegos e afondar no seu papel nas expedicións exploratorias producidas nos primeiros séculos da Idade Moderna.

A mostra, cedida polo Consello da Cultura Galega, inaugurarase o venres, 19, ás 19:30 horas e poderá visitarse o sábado, 20, e domingo, 21, de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30 horas. Dende o luns, 22, ata o mércores, 31, estará dispoñible en horario de mañá, de luns a xoves, de 10:30 a 12:00 h.

“Retratos de Familia” de Delfín Vázquez será a segunda exposición do evento indiano, desta volta achegándose ós retratos que realizou Delfín en Ares, principalmente de mulleres e nenos de principios do século XX. Parte destas fotografías enviábanse ós emigrados aresáns e supoñen unha representación non só das familias daquela época, senón tamén da ligazón entre o noso municipio e América. As instantáneas proceden do fondo fotográfico da Biblioteca municipal de Pontedeume.

Nesta fin de semana, a exposición abrirase oficialmente o venres, 19, ás 20:30 horas, coa inauguración. Sábado e domingo estará aberta de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 20:30. Tras a celebración indiana, será visitable no horario de apertura habitual da biblioteca municipal de Ares.

3 ACTUACIÓNS PARA DESFRUTAR DE RITMOS DA HAVANA E DO HUMOR

Coma aconteceu noutras edición, a celebración indiano configúrase coma unha boa oportunidade para escoitar e moverse baixo os ritmos alén do mar
.
As programacións musicais da Concellaría de Cultura arrancarán á tarde do sábado, 20 de agosto (20:30 HORAS) no CIRS de Cervás coa actuación de Jamila Purofilin “En la Habana de Noche”, unha forma de homenaxear ao escritor cubano-galego Lino Novás Calvo (1903-1983) que inclúe boleros e habaneras e recrea os escenarios de Cuba que fixeron relevante ao escritor de “Pedro Blanco. El Negrero” ou “La Luna nona”.

Pechará a xornada do sábado o humor de Gallaecia Big Band All Stars, na Praza da Igrexa de Ares, ás 22:30 horas. Un concerto-espectáculo musical con rostros coñecidos do panorama actoral galego que conta cunha selección de clásicos do swing, boleros, mambos, chachachás, rock and roll, soul… dúas horas ininterrumpidas para viaxar aos tempos das grandes Big Bands.

E o domingo, 21 de agosto, xa para poñer punto e final ao noso Ares Indiano, o jazz, o soul e a mestura da música galega e cubana recalarán na Praza da Constitución a través do grupo Havana Soul (Alma Habanera!), preto das 22:30 horas.

Todo isto, por suposto, compleméntase cos pasarrúas e actuacións de baile que haberá pola nosa contorna municipal ao longo da fin de semana.

1 SEMINARIO DE CULTURA ULTRAMARINA PARA COIDAR A MEMORIA LOCAL

O seminario de cultura ultramarina, que conta co apoio económico do GALP Golfo Ártabro Norte, axudará a adoptar un novo enfoque sobre o contexto indiano; divulgarase un coñecemento que fala do pasado para entender o presente a través de tres iniciativas espalladas entre o sábado, 20, e o domingo, 21.

A Alianza Aresana será o epicentro deste seminario de cultura ultramarina que comezará co relatorio “Hijas de Galicia” o 20 de agosto ás 12:30 horas a cargo de María Xosé Porteiro e Martín Fernández Vizoso, estudosos do fenómeno indiano. O mesmo día á tarde (19:30 horas), presentarase dentro deste seminario a edición facsimilar de “Obra campaña político-social y anticaciquil de Juvenal”, o terceiro volumen que edita o Concello co foco posto en figuras indianas de Ares claves no seu desenvolvemento na historia.

Pecharase o seminario o domingo, 21, ás 12:00 horas a través do segundo relatorio “Consecuencias da emigración de retorno na Galicia anterior á guerra civil: impacto demográfico, económico, social, político e cultura, desta volta coa intervención do profesor e historiador Raúl Soutelo.

Baixo esta diversificación de propostas, o Ares Indiano proxéctase cunha oferta que vai dende o máis lúdico e social á divulgación académica e a ambientación de época; todo co obxectivo de rememorar a aquelas persoas, independientemente do seu éxito económico e estrato social, que migraron e axudaron a construír o Ares de hoxe.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares