Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 07 de Decembro de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
AVISO WEB MUNICIPAL www.concellodeares.com

RUTAS SENDAres VERDE

PROGRAMA SENDAres 2023

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

QUERE O TEU MERCADO 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan as obras de reforma do local de Seselle
18 Agosto 2022 12:00
Comezan as obras de reforma do local de SeselleComezan as obras de reforma do local de SeselleComezan as obras de reforma do local de Seselle
A Concellaría de Urbanismo informa de que no día de onte deron inicio os traballos de adecuación do edificio, que se habilitará para usos sociocomunitarios.

A execución do proxecto supón un investimento de 290.000 euros, derivados do convenio asinado polo Concello co Instituto Galego de Vivenda e Solo.


A área municipal Urbanismo vén de anunciar que no día de onte deron comezo os traballos no local con pista de Seselle, o que suporá a reforma desta edificación de planta baixa, actualmente nun estado construtivo primitivo, para destinalo a usos sociocomunitarios.

A intervención iniciada onte implica a creación no local dun espazo para o seu emprego sociocomunitario, aproveitando a actual estrutura, con interiores inacabados e instalacións escasas, para a súa recuperación.

Deste xeito, a reforma do edificio outorgará un novo uso á estrutura, dotando dúas salas de emprego múltiple e baños con ducha. Os traballos mellorarán os teitos, a pavimentación do chan, as fachadas ou o sistema de acondicionamento ambiental, entre outros elementos.

O orzamento da actuación ascende aos 290.041,24 euros, postos a disposición do Concello polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, para que o organismo municipal poida devolvelos ao longo de oito anualidades, sen xuro algún.

Esta fórmula de investimento vén dada xa que Ares é un dos 9 concellos de toda Galicia cuxos proxectos resultaron seleccionados para beneficiarse do instrumento de cooperación da Xunta. Os proxectos foron elixidos en función do seu interese e a acreditación do cumprimento dos requisitos fiscais esixidos.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, resaltou a importancia desta actuación posto que "Seselle non conta na actualidade cun espazo de lecer nin de xuntanza da veciñanza” e por iso “consideramos fundamental

recuperar este local, que tamén ten un valor simbólico. Era precisamente na súa pista onde se producían as festas populares da contorna; tiña un claro emprego social, deportivo e cultural".

Os traballos de reforma do edificio, segundo Marcos, "achegarán á mocidade, ás persoas maiores e á veciñanza en xeral de Seselle un lugar de referencia para o ocio, o lecer e o esparcimento".
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares