Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 27 de xuño de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XI MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN ARES 2022

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

VERANEARES DEPORTIVO 2022

QUERE O TEU MERCADO 2022

PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN  DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Visita do primeiro ciclo de Primaria do CPI As Mirandas ao mercado municipal de Ares
27 Maio 2022 15:00
Visita do primeiro ciclo de Primaria do CPI As Mirandas ao mercado municipal de AresVisita do primeiro ciclo de Primaria do CPI As Mirandas ao mercado municipal de AresVisita do primeiro ciclo de Primaria do CPI As Mirandas ao mercado municipal de AresVisita do primeiro ciclo de Primaria do CPI As Mirandas ao mercado municipal de Ares
O mercado municipal de Ares recibiu onte a visita dos alumnos do 1º ciclo de Primaria do CPI As Mirandas, que percorreron estas instalacións co obxectivo de coñecer como é o día a día nun mercado de abastos.

Os escolares puideron deambular polo recinto e descubrir a variedade de postos e produtos que se poden atopar nel, dende froita, verduras e peixe, ata queixos, doces ou frores. En definitiva, os artigos máis frecuentes que conforman a cesta da compra das familias.

Tras o percorrido por cada posto e as preguntas aos seus responsables, cada grupo deixou un debuxo que formará parte do mural "Quere o teu mercado", con frases que plasman a súa visión da praza de abastos local e das vantaxes de mercar nela.

Ademais, ao concluir, a concelleira de Comercio, Lucía Blanco, entregou a cada un dos escolares un agasallo: unha mochila isotérmica, un libro, un bloc de notas e unha mazá.

Lucía Blanco indicou que “trátase de apoiar ao comercio local e dar visibilidade aos traballadores do mercado, á vez que concienciar desde idades temperás do consumo saudable e responsable, dando a coñecer os produtos de proximidade e achegando aos máis pequenos de forma divertida á realidade do mercado municipal".

Esta iniciativa organizada polo Concello, en colaboración co CPI As Mirandas, encádrase dentro da campaña “Quere o teu mercado” que a Xunta promove xunto aos concellos, co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas vilas.

Dentro das actividades programadas polo Concello con motivo desta campaña mañá, sábado 28, aproximadamente ás 11:30 horas, o mercado acollerá unha actuación da banda de gaitas de Ares para dinamizar o consumo durante a xornada.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares