Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 30 de Setembro de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PROGRAMA SENDAres 2023

ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS 2022-2023

ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2022-2023 MÓVETE!

SEREAS DAS MIRANDAS EQUIPO DE REMO

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

QUERE O TEU MERCADO 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os municipios da comarca de Ferrol e do Eume impulsan unha recollida de sinaturas para esixir melloras no transporte
27 Maio 2022 11:00
Os municipios da comarca de Ferrol e do Eume impulsan unha recollida de sinaturas para esixir melloras no transporte
Un total de 11 municipios reivindican a necesidade de solucionar os problemas do transporte urbano na comarca

Os Concellos de A Capela, As Pontes, Ares, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón, Neda e Pontedeume impulsan unha campaña de recollida de sinaturas para esixir á consellería de Infraestruturas e Mobilidade unha solución inmediata á problemática do transporte interurbano na comarca.

Os Concellos asinantes denuncian “o desleixo da consellería, quen dende hai máis dun ano desoe e nega as innumerables queixas que se están a producir polo mal funcionamento do transporte interurbano”.

A recollida de sinaturas pretende ser un aval das reivindicacións trasladadas polos usuarios/as. Entre estas queixas, inclúense a supresión de frecuencias, o incumprimento dos horarios, ou a carencia de reforzos nas paradas con máis demanda.

A isto súmase o incumprimento e supresión das rutas sen previo aviso, uns horarios que non cobren a demanda real da poboación e a carencia de frecuencias suficientes para a época estival, na que os municipios aumentan a súa poboación.

Co obxectivo de solucionar este problema, os distintos municipios afectados levan meses impulsando diferentes iniciativas. Entre elas, promovéronse reunións cos diferentes concellos afectados, así como co Delegado territorial da Consellería.

A situación tamén foi tratada no Parlamento de Galicia, onde se expuxeron os problemas que comezaron coa nova empresa adxudicataria do servizo. Por último, os concellos da comarca sinalaron o seu desacordo coas modificacións ao plan de transporte propostas pola consellería, as cales non solucionaban a problemática do transporte na zona.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares