Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 16 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno da corporación da o visto bo ao convenio de colaboración entre o Concello e Tragsa
24 Abril 2008 14:16
O Concello de Ares e a empresa pública Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A.) asinarán en vindeiras datas un convenio de colaboración a través do que dita compañía poderá ser contratada por esta Administración Local sempre que así o estime polo carácter da actuación, evitando a tramitación que retarda moitas veces as contratacións de obras. Iso si, Tragsa unicamente poderá executar aqueles traballos para os que os que ten competencias; é dicir, os de desenvolvemento rural e conservación do medio ambiente.
A vixencia deste contrato será indefinida, podendo ser denunciado, con anterioridade ao primeiro de outubro, surtindo efecto a denuncia a partir do primeiro de xaneiro do ano seguinte.
Precisamente esta mañá, o pleno da corporación deu o visto bó á sinatura deste convenio, que regula, en definitiva, o réxime xurídico, económico e administrativo de Tragsa e as súas filiais nas súas relacións co Concello de Ares na súa condición de medio propio e servizo instrumental da Administración local. A proposta foi ratificada cos votos favorables de PSOE, PP e NAL, mentres que o BNG votou en contra.
O alcalde, o socialista Julio Iglesias, informou de que o convenio é marco e, polo tanto, similar a do resto de acordos que se están a suscribir con moitos dos Concellos, tamén desta comarca, ao tempo que subliñou que en ningún caso é vinculante, senón que servirá como unha ferramenta máis para a execución de determinado tipo de intervencións.

PROXECTO INTEGRAL NA FACHADA MARÍTIMA DE REDES

Tamén se aprobou o punto relativo á remisión, por parte do Concello, dunha serie de documentación para que Costas poida proseguir coa actuación integral na fachada marítima de Redes. En concreto, a proposta foi aprobada cos votos a favor do PSOE e o PP e a abstención de NAL e o BNG. Precisamente estes últimos pediron na súa intervención plenaria que o asunto quedara enriba da mesa, extremo que, a xuízo do alcalde, Julio Iglesias, podería poñer en perigo a execución dunha intervención que é vital para Redes e para a recuperación da súa fachada marítima.
Segundo un escrito remitido por este organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, trátase do envío do compromiso municipal de que unha vez que as obras estean rematadas o Concello farase cargo do seu mantemento e o reñecemento expreso de que a actuación estea exenta do abono de taxas pola expedición de licenzas esixibles con arreglo á legislación urbanística.
Como se lembrará, esta obra, que conta cun orzamento de licitación de 1.285.164,64 euros e un prazo de execución de dez meses, contempla como principais intervencións a creación dun espazo para aparcadoiro de vehículos fora da praza do Pedregal –no mesmo lugar no que se ubica o actual-, que terá 70 prazas; o acondicionamento e ordenación da praza do Pedregal e senda de acceso á batería militar e clube de remo; a demolición e reconstrucción do edificio do Club de Remo nunha finca próxima á anterior ubicación así como o acondicionamento da batería militar; e a construcción de escolleras en zonas de derrubo da ribada e creación dunha nova rampa de servizo aos usuarios do Club de Remo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares