Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 27 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Cultura organiza varias actividades para festexar o Día das Letras Galegas
18 Abril 2008 11:38
e Medio Ambiente, que dirixe a edil socialista Ana Fernández Coira, preparou un programa de actividades para festexar o Día das Letras Galegas e outro para conmemorar o Día do Medio Ambiente. Destas actividades deu conta hoxe o equipo de goberno na comisión informativa desta área.
No que se refire ao Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio e que nesta ocasión está adicado a Xosé María Álvarez Blázquez, a Concellaría de Cultura organizará, en primeiro lugar, unha “yinkana” polo municipio, que terá lugar unha xornada antes, a do venres 16. A iniciativa, á que están invitados tódolos veciños de Ares, consiste na busca polo paseo marítimo da vila e o parque Rosalía de Castro de diferentes datos do escritor homenaxeado, ata completar un puzzle. A saída, que se fará en grupos atendendo ao número de xogadores, será ás 17.00 horas dende o local da Alianza Aresana.
Xa o 17 de maio, está prevista unha sesión de títeres, que comezará ás 18.00 horas no salón de actos da Alianza. A Asociación Cultural Ipuina presentará aos asistentes o espectáculo “Marusía”.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Na comisión informativa desta mañá tamén se deu conta do calendario previsto para o 5 de xuño, xornada na que se celebra o Día de Medio Ambiente. “Ambientares” é o título da actividade que porá en marcha o Concello de Ares e que será coordinada pola Escuela de la Naturaleza y Producciones Audiovisuales “Selva Lupi”.
Dita actividade, que durará entre dúas e tres horas por xogo, constará de catro módulos principais, denominados Terra, Auga, Aire e Lume, polo que cada iniciativa estará relacionada con estes elementos.
O de Terra trata dos animais que viven na terra ou vinculados a ela. Desenvolverase a “Olimpiada da Fauna”, un grande xogo de probas no que tanto nenos como maiores poderán amosar a súa destreza, forza e habilidade.
O módulo de Auga consistirá nunha videoproxección de dous audiovisuais producidos por “Selva Lupi” pertencentes á serie infantil “Lupus el Aventurero”. No primeiro, apréndese o perxudicial que son as pilas domésticas para o medio acúatico, mentres que no segundo explicarase o funcionamento dunha estación depuradora de augas residuais urbana.
“A aventura vexetal” é o nome do xogo enmarcado no módulo do Aire. Neste caso, os participantes aprenderán as funcións de vital importancia da flora, purificando o aire e refrescando o ambiente.
Finalmente, o cuarto módulo, o do Lume, contempla o “Gran Xogo do Lume”, unha actividade pola que, a través de preguntas e despostas, se trata de educar na prevención dos lumes forestais. Deste xeito, os participantes tentarán apagar o maior número de lumes posible coas súas despostas acertadas, simulando o feito de que o lume se apaga entre todos.
As actividades estarán dirixidas por dous educadores, ambos con titulación oficial en materia de tempo libre.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente informouse de que é posible que esta xornada conte con máis actividades, que, de levarse a cabo, se concretarían en vindeiras datas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares