A concelleira de Deportes reuníuse no día de onte no campo de fútbol de Prados Vellos coa directiva do ADR Numancia de Ares
26 Xaneiro 2022 14:00A concelleira de Deportes, Noelia Montero, reuníuse no día de onte no campo de fútbol de Prados Vellos coa directiva do ADR Numancia de Ares para revisar o estado xeral das instalacións. A visita permitiu comprobar as necesidades do club en termos infraestruturais tanto a corto coma medio prazo, de cara a explorar as posibilidades de mellora e determinar que actuacións contan con carácter urxente.
Montero salientou o esforzo por “manter un diálogo continuado co club que nos axude a ver cales son as principais deficiencias” e enfatizou a importancia de “atopar os problemas que poidan solventarse de maneira rápida” en base á coordinación entre o Concello e o ente deportivo.