O Concello acometeu a renovación dos aseos do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro
21 Xaneiro 2022 14:00O Centro Cultural Outeiro xa conta cunha nova mellora nas súas instalacións, promovida tanto polo Concello coma pola asociación homónima e usuaria do local. Así, o Concello informou do remate das obras que se realizaban nos baños do espazo cultural, que incluíu múltiples reformas e renovacións na súa fontanería e saneamento, albañilería, electricidade e iluminación.
Segundo se apunta dende o ente municipal, os traballos contaron cun orzamento de 24.000 euros, sufragados entre o Concello —15.000 euros— e a asociación cultural Outeiro —9.000 euros, con parte deste importe a cargo das axudas da Deputación da Coruña a entidades locais—.
A maiores do mencionado, o proxecto tamén incluíu a instalación de ramplas en substitución dos chanzos de entrada ós aseos, mellorando así a súa accesibilidade.