Últimas modificacións nos horarios do servizo de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte
O Concello de Ares vén de recibir as últimas modificacións nos horarios do servizo de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte. No relativo á ruta Ferrol-Mugardos-Ares e Ares-Mugardos-Ferrol, incorpórase a liña 110 (L110), que inclúe novos servizos dende Praza de Galicia a Ares ás 07.50 horas e de Ares a Praza de Galicia ás 8.49.
Segundo comunica a empresa adxudicataria, esta actualización entrará en vigor a partir do vindeiro luns, 24 de xaneiro.
Pode consultar toda a información dos horarios na nosa páxina web municipal ou en
https://www.monbus.es/es.