Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 21 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares contratará tres auxiliares de Policía para a época estival
19 Abril 2008 10:00
Nesta ocasión, a contratación increméntase tanto en efectivos, pasando de dous a tres policías, como na duración do mesmo, que será de seis meses
O Concello de Ares vén de sacar o anuncio de contratación laboral temporal de tres prazas de auxiliar da Policía Local para facer fronte ás necesidades de parte do ano, sobre todo da época estival, na que a vila chega a triplicar a súa poboación. De feito, o orzamento de 2008 contempla o incremento de dita contratación (para a que se solicitou o pertinente permiso á Dirección Xeral de Interior, como así o contempla a Lei Galega de Policía Local para contratacións superiores ao 50% dos efectivos de que dispón este Corpo), pasando de dous a tres axentes. Ademais, a duración do contrato será de seis meses, dous máis que en anos anteriores. Concretamente, o período establecido é do 1 de maio ao 1 de novembro.
O prazo de presentación de solicitudes, que se deberán formalizar no Rexistro do Concello en horario de oficina, é de cinco días naturais, contados dende a publicación do anuncio en prensa. Así mesmo, as bases poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do Consistorio e na páxina web do Concello (aquí).
As probas terán lugar o día 28 deste mes (luns), a partires das 10.00 horas, no salón de sesións da Casa Consistorial de Ares.
Con estas contratacións, o equipo de goberno pretende garantir a seguridade nunha época do ano de especial movemento en Ares e que, ademais, cadra coas vacacións dalgúns dos axentes da Policía Local do Concello. Na actualidade, o cadro de persoal está integrado por catro persoas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares