O Concello de Ares xa trasladou tanto á Xunta de Galicia como á UTE Hércules Norte as demandas e necesidades da veciñanza aresán relacionadas cos horarios e liñas de transporte
O Concello de Ares xa trasladou tanto á Xunta de Galicia como á UTE Hércules Norte as demandas e necesidades da veciñanza aresán relacionadas cos horarios e liñas de transporte, así como as posibilidades xerais de mellora da conexión Ares-Ferrol, Ferrol-Ares. De igual maneira, pedíronse melloras na conexión do rural coas áreas de Chanteiro e Redes.
A maiores, o Concello informa da actualización dos horarios de transporte metropolitano que completan as liñas existentes ate o de agora. Non obstante, aínda están suxeitos á incorporación das últimas demandas comunicadas, que se resolverán nas vindeiras semanas
Podes consultalos na páxina web municipal ou na seguinte ligazón:
https://www.bus.gal/gl