Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 22 de Maio de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN  DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)

II CONCURSO DE ESTRITURA CREATIVA DE MICRORRELATO

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2022

PROGRAMA sendARES 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Arrancan as obras de mellora da rede de abastecemento no casco urbano de Ares
13 Xaneiro 2022 12:00
Arrancan as obras de mellora da rede de abastecemento no casco urbano de AresArrancan as obras de mellora da rede de abastecemento no casco urbano de AresArrancan as obras de mellora da rede de abastecemento no casco urbano de Ares
Trátase dun amplo plan de renovación, próximo ao medio millón de euros costeados polas arcas municipais, que afectará a un total de 24 rúas e avenidas da vila.

Substituíranse as tubaxes de fibrocemento por unhas novas que garantan un servizo óptimo e de calidade.


A Concellaría de Urbanismo vén de informar do inicio dunha obra con valor simbólico para a localidade: a mellora da rede de abastecemento no casco urbano de Ares. Así, 24 rúas e avenidas verán reforzada a súa infraestrutura ao longo dos próximos meses, partindo dun proxecto de renovación integral e de relevancia para a localidade.

Afectará, segundo a documentación técnica, a múltiples vías transversais e de gran extensión dentro do trazado urbanístico aresán, coma é o caso da Avda. Saavedra Meneses, a Avda. de Mugardos, Rúa Real, áreas do Porto e das Casas Baratas, Avda. de Redes, Rúa Porta do Sol ou Avda. Federico García Expósito, entre outras.

Así, estes traballos actuais na zona histórica do Porto, mais tamén os futuros contemplados no resto do núcleo urbano, implicarán unha demolición e levantado do firme existente ata o de agora para introducir novas canalizacións; instalaranse as tubaxes de polietileno en substitución da rede antiga de fibrocemento e, finalmente, reporase o firme afectado tras a instalación.

O proxecto en si parte dun orzamento de 493.321 euros, impostos incluídos, con cargo ás arcas municipais, e un prazo de execución aproximado de cinco meses dende o comezo da obra

A maiores, Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, salientou a importancia do plan integral de mellora: “a renovación de tubaxes do casco urbano que arranca esta semana é clave para garantir un subministro de auga de calidade, sen ningún tipo de perdas. Tamén permitirá poñer en marcha os futuros depósitos de Simou, cunha capacidade de 3.000 metros cúbicos”.

Tanto esta intervención dos próximos meses coma a construción dos mencionados depósitos serán os eixos que permitirán solventar os problemas de abastecemento no termo municipal, sobre todo nos meses estivais de maior demanda. Ares contará, en esencia, cun forte investimento e un considerable esforzo económico: aos 500.000 euros do plan de mellora do abastecemento súmanse os 3 millóns dos futuros depósitos, costeados entre a Deputación da Coruña (40 %), Augas de Galicia (40 %) e o Concello (20 %).
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares