Servizos Sociais organiza unha charla na Casa da Parroquia sobre a Lei de Dependencia
17 Abril 2008 14:43O Concello de Ares, a través da ConcellarÃa de Servizos Sociais, que dirixe Victoria Montenegro, organiza unha charla sobre a Lei de Dependencia e a súa aplicación. Esta actividade, aberta a tódolos veciños do municipio interesados neste tema, terá lugar mañá, venres, na Casa da Parroquia de San Xosé de Ares e comezará ás 17.00 horas.
A encargada de impartir a conferencia será a traballadora social do Concello, MarÃa de la O Fresco Torrente, que informará sobre esta normativa e resolverá tódalas dúbidas que xurdan ao respecto.