Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello elabora e pone en marcha un plan integral de tráfico
16 Abril 2008 13:47
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Tráfico, que dirixe o edil socialista José Ferreiro, vén de redactar un plan integral de tráfico, que agora porá en marcha. De feito, os traballos comezaron onte na rúa Real da vila e nas proximidades ao colexio, e se extenderán ao longo de todo o municipio.
O plan de tráfico ten como obxectivo a adaptación ás novas necesidades de todo o que se refire a esta área. Polo tanto, non só se procederá á substitución dos sinais que non se atopen en bo estado, senón que tamén se instalarán novos elementos, tanto horizontais como verticais, e se cambiarán outros en función de ditas necesidades. Ademais, o pintado dos pasos de peóns será en cores branco e vermello e utilizaranse materiais reflectantes.
O estudo anterior á execución destes traballos, que suporán unha inversión cercana aos 18.000 euros, foi realizado de forma conxunta por parte do propio concelleiro de Tráfico e da Policía Local de Ares. Unha vez rematado, encargouse o material á empresa Señalizaciones Huelva, que xa subministrou parte dos sinais.
Os operarios municipais son os que se están encargando de colocar e/ou pintar estes elementos, baixo a subordinación do edil socialista, de xeito que o plan estea culminado antes do inicio da época estival. Hai que lembrar que no verán son moitos os turistas que veñen a Ares (triplica a súa poboación durantes estes meses), incrementando tamén notablemente o tráfico. Por iso, e para que non existan problemas e a infraestructura sexa a axeitada, o departamento que dirixe José Ferreiro pretende axilizar estes traballos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares