Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 06 de Decembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2021/2022

CAMPAÑA DE NEVE 2022 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MERCAres 2021

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A corporación municipal demanda á Xunta de Galicia “a necesidade de presupostar unha partida económica suficiente” no 2022 que resolva a situación precaria do CPI AS Mirandas
24 Novembro 2021 12:00
A corporación municipal demanda á Xunta de Galicia “a necesidade de presupostar unha partida económica suficiente” no 2022 que resolva a situación precaria do CPI AS Mirandas
Na sesión plenaria de onte, todos os grupos políticos aprobaron por unanimidade unha declaración institucional expoñendo a urxencia de incluír un investimento que mellore a infraestrutura do colexio municipal.

Esta partida económica terá que solventar de maneira definitiva as condicións nas que se atopa o alumnado de Infantil, en aularios provisionais que repercuten na calidade da atención educativa.

Na sesión plenaria celebrada onte no consistorio, todos os grupos políticos aprobaron por unanimidade unha declaración directamente relacionada coa inclusión, nos orzamentos de 2022, dunha mellora infraestrutural esencial para a comunidade educativa aresán. Así, e segundo se recolle no escrito da declaración, a corporación municipal “reclama e demanda á Xunta de Galicia a urxente necesidade de presupostar no exercicio 2022 unha partida económica suficiente para resolver a situación precaria na que se atopan os aularios provisionais de Infantil do CPI As Mirandas”.

O posicionamento do pleno está enlazado co contexto actual do colexio, cuns aularios que “padecen defectos e avarías que provocan unha merma das condicións de salubridade e habitabilidade” e “ocupan a metade do patio do recreo, que debera estar desfrutando o alumnado”. Na manifestación conxunta, remárcase que o espazo foi posto a disposición da Consellería de Educación

xa no 2014, e ofrécese de novo ó ente autonómico, mais agora coas adaptacións urbanísticas que se demandaron dende a Xunta para acometer as obras de ampliación.

A adecuación dunha nova infraestrutura permitirá trasladar ó alumnado de Infantil destes aularios provisionais a un espazo xa definitivo; unha actuación que se constitúe coma “un factor clave no mantemento dunha educación pública de calidade”.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares