Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 06 de Decembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2021/2022

CAMPAÑA DE NEVE 2022 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MERCAres 2021

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares reflexiona sobre o concepto e as consecuencias da violencia de xénero dixital nas mulleres
22 Novembro 2021 14:00
Ares reflexiona sobre o concepto e as consecuencias da violencia de xénero dixital nas mulleresAres reflexiona sobre o concepto e as consecuencias da violencia de xénero dixital nas mulleresAres reflexiona sobre o concepto e as consecuencias da violencia de xénero dixital nas mulleresAres reflexiona sobre o concepto e as consecuencias da violencia de xénero dixital nas mulleres
O Concello programa hoxe a "Xornada contra a Violencia de Xénero", unha actividade que se leva producindo durante uns 15 anos na contorna municipal.

Un plantel de expertas analiza a situación actual das novas estratexias de dominación e control a través das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).

A Alianza Aresana acolle durante todo o día de hoxe un conxunto de relatorios e faladoiros que exploran as implicacións e impactos da violencia de xénero dixital, unha tipoloxía de dominación sobre a muller relacionada con desenvolvemento das novas tecnoloxías e a sociedade da información. Promovida dende a Concellaría de Benestar e Igualdade, e cuns 15 anos de percorrido e historia na súa organización, a "Xornada contra a Violencia de Xénero" convoca a 7 expertas/os para divulgar as prácticas e perigos desta forma violencia cada vez máis desenvolta e común.

Na inauguración do evento, que coincide en tempos coa próxima celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Victoria Montenegro, concelleira de Benestar e Igualdade, enfatizou a "importancia de contar con especialistas que acheguen o coñecemento e o contextos necesarios" para abordar a situación da violencia no eido dixital e agradeceu a presenza e apoio das técnicas e técnicos participantes. Pola súa parte, Esther Montero, educadora social e experta en malos tratos, salientou que Ares "é un referente a nivel comarcal e ata provincial" na organización de iniciativas que aborden a violencia de xénero na sociedade actual e e eloxiou ó Concello polos quince anos de traballo nestas xornadas.


A avogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares, María Dolores Castro González, definiu e contextualizou a conceptualización da violencia de xénero dixital nos primeiros compases do evento: "falamos dunha forma de delimitación da liberdade que xera dominación e relacións desiguais a través de Internet". Esta tipoloxía de control virtual susténtase en "estratexias que afectan á intimidade, privacidade e á imaxe pública da muller", como é o caso dos accesos á comunicación e datos persoais sen autorización, a difusión de fotos íntimas na contorna virtual ou o ciberacoso.

O fenómeno da violencia dixital implica, tamén, unha certa complexidade. Por iso, a Xornada contra a Violencia de Xénero deste ano afonda nas súas características dende unha visión integradora e completa: atopamos expertas e técnicos especializados no eido xurídico e dereito penal, coma José Ángel Sanz López; no eido psicolóxico, coma Aurora Veiga Lema ou Rubén Villar Trenco e tamén no educativo-social, coa presenza de Leticia López Castro e María Fidalgo.

Así, dende as 10.00 e ata as 18.30, serán estas voces técnicas as que reflexionarán sobre unha situación estrutural que precisa contrarrestarse identificando os signos da violencia dixital, pois aínda conta cunha percepción moi baixa dos seus efectos perniciosos e unha certa normalización en contextos diarios.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares