Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 16 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello presenta o estudo histórico e as ilustracións da desaparecida portada gótica do Mosteiro de Santa Catalina
11 Octubre 2021 13:00
O Concello presenta o estudo histórico e as ilustracións da desaparecida portada gótica do Mosteiro de Santa Catalina
O acto desenvolverase o sábado, 16 de outubro, ás 17.00 horas nas propias instalacións do mosteiro e requirirá de reserva previa para garantir a hixiene sanitaria.

Tanto os contidos coma as recreacións visuais que se expoñerán son claves para entender a orixe e evolución da fachada do inmoble, facendo fincapé no seu valor patrimonial.

O próximo sábado, 16 de outubro, ás 17.00 horas o Mosteiro de Santa Catalina acollerá a presentación do estudo histórico e as ilustracións que recrean a desaparecida portada gótica do propio mosteiro, inscritos no proxecto impulsado polo Concello de Ares para contextualizar a composición da antiga portada e a procedencia dalgunhas pezas coñecidas.

A iniciativa no seu conxunto conta co traballo das historiadoras Dolores Fraga e María Luz Ríos, autoras do estudo histórico, e dos arquitectos Mario Crecente e Rubén Santiago, que coordinaron a representación visual.

Así, o sábado organizarase un acto que axudará a entender o pasado e presente do mosteiro, poñendo en valor a historia deste ben de interese cultural (BIC). Por unha banda, Dolores Fraga e María Luz Ríos afondarán nas conclusións ás que se chegaron coa realización do estudo histórico, fundamentais para poder ter as pautas e recrear hipoteticamente as antigas decoracións das portas principais. Por outra banda, Mario Crecente e Rubén Santiago amosarán os debuxos e a animación da portada gótica, todos eles recursos de gran utilidade para achegarse á orixe e evolución da fachada do mosteiro.

De cara a garantir a hixiene e seguridade sanitarias durante o evento, será necesario inscribirse previamente dende hoxe, 11 de outubro, ata cubrir a totalidade de prazas asignadas, contactando co 981 448 057 ou achegándose ás instalacións da biblioteca municipal de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares