O vindeiro venres inaugúrase a obra de instalación de estores no pavillón municipal
07 Abril 2008 12:28O vindeiro venres, dÃa 11, terá lugar a recepción da obra de colocación de estores no pavillón municipal, que financiou ao 100% a Obra Social de Caixa Galicia. A intervención, valorada nuns 7.000 euros, será executada entre hoxe e o mércores pola empresa Garcal e consiste na instalación de estores na pista, sala de usos múltiples e aula do pavillón.
Ao acto do venres, que se desenvolverá ás 12.00 horas, acudirá o alcalde, Julio Iglesias, en representación do Concello, e o director da sucursal de Ares de Caixa Galicia, Francisco Javier Rúa, por parte da entidade financieira.