Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 25 de Octubre de 2014
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2013
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Campus diego rivas 2014

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca a colaboración entre Administracións na inauguración das obras de reforma e modernización do mercado municipal
03 Abril 2008 13:19
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou hoxe, no marco da inauguración das obras de reforma e modernización do mercado municipal, a importancia da colaboración entre administracións para poder executar obras como as que se fixeron no mercado municipal da vila, que contaron coa subvención da Consellería de Industria e Comercio. Esta coparticipación e o consenso o trasladou tamén á propia corporación municipal, xa que, como subliñou e recoñeceu, foi o anterior grupo de goberno o que negociou estes traballos, sendo o actual o que xestionou o seu remate e a posta en marcha das instalacións renovadas.
Ao acto acudiron varios responsables deste departamento da Xunta, co conselleiro, Fernando Blanco, á cabeza. Ademais, estiveron presentes na inauguración a directora xeral de Comercio, Ana María Rúa, e o delegado provincial, Lois Barcia. Despois de ser recibidos polo rexedor e os membros da corporación –estiveron representantes de tódolos grupos políticos do Concello-, Fernando Blanco asinou no libro de ouro, para manter despois unha breve reunión con concelleiros de Ares.
Xa no mercado, Iglesias fixo fincapé no beneficio que ten para os veciños deste municipio as melloras efectuadas no mercado, ao tempo que engadíu que este tipo de obras son necesarias para “que este pobo chegue a uns límites de calidade que nos fagan ser referente”.
Pola súa banda, Blanco, que tamén destacou a colaboración entre administracións ao marxe da cor políticos das mesmas, adiantou que a Consellería de Industria financiará máis proxectos en Ares, como os de mellora da calidade so subministro eléctrico e da rede de comunicación e sociedade de información, así como outras iniciativas vinculadas ao Plan de Dinamización Turística. Precisamente estas actuacións foron solicitadas recentemente polo alcalde de Ares en diversas reunións con responsables deste departamento da Xunta.
Os traballos consistiron na demolición da cuberta, falso teito e cerchas existentes; o subministro e colocación de cerchas-pórtico e correas; a construcción dunha nova cuberta e o aillamento da súa parte interior; o subministro e colocación de canalóns e baixantes; o subministro e colocación de falso teito; o alumeado do interior do recinto cos seus correspondentes cadros eléctricos; o pintado de paramentos interiores e exteriores; a construcción de tres aseos (un para persoas con movilidade reducida); o subministro e colocación dunha central de alarma e extintores; a instalación de mesas e encimeiras de granito; e o pintado do solo interior.
A actuación, que contou coa subvención deste departamento da Xunta (70% do total a cargo do Goberno autonómico e 30% a cargo do Concello), tivo un orzamento de 140.622,61 euros, e foi executada pola empresa Concifa. Deste xeito, dos 140.622,61 euros, a Consellería puxo 98.435,83 euros, repartidos en dúas anualidades, de 2006 e 2007. Os 42.186,78 euros restantes correron a cargo do Concello de Ares.
Durante o tempo no que se desenvolveu a actuación, os operadores do mercado (que conta con nove postos –seis dentro e tres, os do peixe, no exterior, ademais das mesas centrais da instalación-) levaron a cabo a súa actividade nun antigo supermercado situado na rúa Fomento, que foi adecentado para acoller aos postos.
Pero, ademais, ao tempo que se fixo a reforma do mercado, desenvolveuse outro proxecto financiado, tamén no 70%, pola Consellería de Industria. Trátase da pavimentación e peonización da rúa Franxa e entorno do propio mercado.
Esta intervención executouse ao mesmo tempo que os traballos da instalación comercial e contou cun orzamento de 278.525,13 euros, dos que 194.967,60 euros correron a cargo da Xunta e a partida restante foi aportada polo Concello.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares