Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 16 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Cultura de Ares organiza o Primeiro Certame de Humor e Narración
02 Abril 2008 11:45
O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira, promove o I Certame de Humor e Narración, unha iniciativa que se enmarca dentro da celebración, o vindeiro 23, do Día do Libro e que busca a implicación e a promoción da lectura e escritura entre os veciños deste municipio.
Para os nenos e mozos organízanse dous certames. O primeiro, dirixido a rapaces de 7 a 10 anos, consiste na redacción dunha carta ao personaxe de contos ou novelas que máis lles guste, especificando na mesma as razóns polas que é o seu favorito. A narración, segundo consta nas bases, debe ter un mínimo de dous folios en A4 e un máximo de cinco. Ademais, poderá escribirse en castelán ou en galego, establecéndose un máximo dunha carta por participante.
Para mozos de 11 a 17 anos, a Concellaría de Cultura promove un concurso de chistes, actividade que ten como obxectivo “votar unhas risas todos xuntos”. Para poder participar, haberá que presentar un mínimo de tres chistes e un máximo de oito, en castelán ou galego, e a temática será libre, sempre e cando teña un ton respectuoso.
Os maiores de 18 anos tamén terán a posibilidade de participar noutro concurso, neste caso de redacción dunha carta a unha persoa importante da súa vida, expoñendo sentimentos que os participantes nunca deron a coñecer sobre alguén que lembren con especial cariño. Ao igual que o certame para nenos, as obras (un máximo de unha por persoa) deberán ter un mínimo de dous folios e un máximo de cinco en A4.
Os premios, que se entregarán o día 25 deste mes na Alianza Aresana, consistirán, no apartado de chistes, nun vale por importe de 75 euros, para cambiar por material de libraría na tenda Marvi de Ares; dun vale similar para as cartas feitas polos nenos; e doutro de 100 euros para o certame de adultos.
As persoas que queiran participar teñen as bases dos diferentes concursos á súa disposición na Alianza Aresana e na web do Concello (www.concellodeares.com). Ademais, o prazo de entrega das cartas e chistes comezou onte e estará aberto ata o vindeiro día 19 ás 14.00 horas.

ACTIVIDADE PARA OS ESCOLARES DE 3 A 6 ANOS

Por outra banda, e tamén dentro do mesmo contexto de conmemoración do Día do Libro, a Concellaría de Cultura vén de entregar nos centros escolares do municipio un block de debuxo e un conto para que os nenos de 3 a 6 anos, a partires da lectura do mesmo, ilustren mediante imaxes a historia relatada.
Os materiais empregados só poderán ser ceras blandas, rotuladores, lápices de cor e/ou témperas, e as obras deberán entregarse o venres 18 de abril.
O luns 21, inaugurarase unha exposición na Alianza Aresana con tódolos traballos feitos polos pequenos, mentres que catro días máis tarde, o 25, terá lugar na biblioteca municipal a festividade do Día do Libro, no que haberá unha sesión de contacontos ás 18.00 horas e, a continuación, farase entrega a tódolos nenos dun diploma e un agasallo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares