A Concellaría de Servizos Sociais organiza unha charla con motivo do Día do Parkinson
26 Marzo 2008 14:52A Concellaría de Servizos Sociais de Ares, que dirixe a edil socialista Victoria Montenegro, organiza unha conferencia, que se enmarca dentro da conmemoración do Día Mundial do Parkinson, que se celebra o 11 de abril. A charla será unha xornada antes, a do 10, e terá como protagonista á presidenta da Asociación Parkinson Ferrol, Luisa Muiños Fernández.
Muiños falará sobre esta enfermidade ás persoas que se acheguen na data anteriormente citada ao salón de actos da Alianza Aresana. O acto comezará ás 19.00 horas.
Con esta actividade, a área que preside Montenegro pretende non só conmemorar esta data que ten unha repercusión internacional, senón tamén informar aos veciños de Ares desta doenza, que afecta a un importante número de persoas, sobre todo a partires de certa idade, e que ten un carácter neurodexenerativo.