A OMIC organiza unha excursión á grabación do programa da TVG "Acompáñanos"
25 Marzo 2008 14:23A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ares organiza unha excursión para asistir á grabación do programa da TVG “Acompáñanos”, que se leva a cabo na cidade de Vigo. A actividade desenvolverase o vindeiro día 23 de abril e as persoas que estean interesadas en acudir deberán formalizar a súa inscripción no Concello, ben de forma presencial ou telefonicamente, ata chegar a un máximo de 45 prazas.
A viaxe será gratuita e unicamente os veciños que se apunten deberán correr cos gastos do xantar, estimados nuns 10 euros. Un autobús recollerá a media mañá aos participantes na Casa do Concello e os levará ata o centro de grabación. Ademais, a OMIC informa de que despois do programa haberá unha merenda para os asistentes á grabación.
O único requisito para poder inscribirse nesta actividade é ter máis de 18 anos.