Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 19 de Abril de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os proxectos de renovación da iluminación en Ares superan unha inversión de 760.000 euros
26 Marzo 2021 17:00
Os proxectos de renovación da iluminación en Ares superan unha inversión de 760.000 euros
A subdelegada do Goberno na Coruña supervisou co alcalde o próximo inicio da segunda fase das iniciativas cofinanciadas polo Ministerio de Transición Ecolóxica

Concello e Goberno de España invisten 760.056,34 euros na renovación da iluminación de Ares e lograr un aforro do 70 por cento no consumo enerxético

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; analizou co alcalde de Ares, Julio Iglesias, diversos proxectos medioambientais e enerxéticos nos que o Concello e o Goberno de España invisten un total de 760.056,34 euros. A execución destas iniciativas suporá a renovación de gran parte da iluminación pública do municipio, ademáis de supor un aforro enerxético de aproximadamente o 70 por cento respecto ao consumo existente ata o momento.

Pilar López-Rioboo e Julio Iglesias repasaron algunhas das iniciativas xa desenvoltas e que contan coa participación estatal. En concreto, o Concello xa rematou tres importantes proxectos de renovación da iluminación pública en varias zonas do municipio, dentro da liña de axudas para a renovación das instalacións de iluminación exterior municipal cofinanciada polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea, e xestionada polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, con cargo ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética.

Os tres proxectos presentados polo Concello de Ares foron escollidos no seu momento para conceder unha das subvencións destinadas a entidades locais que favorezan a renovación das instalacións de iluminación pública exterior baixo criterios de eficiencia enerxética.

A inversión total desas actuacións promovidas polo Concello de Ares ascendeu a 343.720,80 euros, dos cales a administración municipal asumiu 68.744,16 euros de fondos propios, o que permitiu renovar as instalacións de iluminación exterior tanto no núcleo urbano como en zonas rurais.

O primeiro dos proxectos acometeu a renovación das instalacións de iluminación e sinalización exterior na estrada de Chanteiro (desde a avenida de Mugardos ata Cervás) co que se renovaron 133 puntos de luz. O segundo proxecto abarcou a renovación das instalacións na senda que vai ata Mugardos (desde a avenida de Mugardos a Barallados) e incluíu a remodelación de toda a avenida Federico García Expósito e a senda de Pedrós ata o complexo deportivo. Este proxecto supuxo a renovación de 104 puntos de luz. O terceiro dos proxectos abarcou toda a urbanización Marina do Pombal en Caamouco, na que se renovaron outros 39 puntos de luz.

Con este investimento o Concello de Ares renovou o sistema de iluminación nas tres zonas substituindo as luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, mellorando a eficiencia e o aforro enerxético, de tal maneira que na zona do Mar do Norte o aforro enerxético será do 76 por cento, na área de Mazote será do 67 por cento e na zona de Lubre a porcentaxe de aforro será tamén do 67 por cento respecto ao consumo existente ata agora. Ademáis da renovación das luminarias e báculos, modernizaronse a totalidade dos equipos e cadros eléctricos, o que posibilitará que os veciños e veciñas do municipio dispoñan dunha iluminación de mellor calidade, baixo criterios de sostenibilidade ambiental e de aforro enerxético.

Nunha segunda fase de actuación, o alcalde e a subdelegada do Goberno analizaron os dous novos proxectos que se acometerán nos próximos meses e que contan co respaldo económico do Ministerio de Transición Ecolóxica a través do IDAE. Estas iniciativas contan cun investimento total de 400.056,34 euros, de tal forma que o gasto total realizado conxuntamente na renovación da iluminación pública será de 760.285,05 euros, dos que 148.641,79 euros son aportados polo concello. Os plans de actuación encontranse actualmente en fase de licitación por parte do goberno municipal.

O primeiro dos proxectos refirese á renovación das instalacións de iluminación na avenida de Mugardos, rúa Carmen, rúa Franxa, Porta do Sol, rúa Real e rúa San Antonio. Con este investimento o concello substituirá as luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, mellorando a eficiencia e o aforro enerxético. Ademáis da renovación das luminarias e báculos, modernizaranse a totalidade dos equipos e cadros eléctricos. O custo total ascende a 320.128,71 €, con cargo ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

Seguindo coa aposta polo aforro enerxético o concello e o Goberno de España tamén impulsan a colocación de instalacións fotovoltaicas en diversos inmobles municipais, por un importe de 79.927,63 €, que contarán coa financiación do IDAE. A actuación permitirá a instalación de paneis solares fotovoltaicos sen sistema de acumulación eléctrica en sete puntos municipais (Casa da Xuventude, campo de fútbol de Prados Vellos, as Alianzas do Lago, o edificio que acolle as dependencias dos Servizos Sociais, os depósitos da auga ubicados nos Castros e na Urbanización Marina do Pombal e a nave almacén dos servizos municipais).

O aforro enerxético previsto será similar ao obtido nos proxectos correspondentes á primeira fase destas actuacións, o que permitirá polo tanto unha importante reducción na factura eléctrica do concello.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares