A biblioteca municipal acollerá varias actividades dirixidas aos pequenos da casa
14 Marzo 2008 12:54A Concellaría de Cultura de Ares organiza unha serie de actividades que se desenvolverán os vindeiros luns e martes e que terán nos máis pequenos da casa, de vacacións de Semana Santa, aos principais protagonistas.
A biblioteca municipal é o escenario elixido para a celebracións de ditas actividades, que comezarán o luns 17 ás 11.00 horas cun obradoiro de Pascua. Neste taller, que se desenvolverá ata as 12.30 horas, poderán participar tódolos nenos que o desexen e que teñan entre catro e dez anos. A continuación (ás 12.30 horas), terá lugar a proxección da película “Ratatouille”, apta para tódolos públicos.
O martes 18 levarase a cabo outro obradoiro, neste caso de animación á lectura. Esta actividade comezará ás 11.00 horas e vai dirixida, ao igual que a da xornada anterior, a nenos de entre catro e dez anos.
O Concello de Ares é o organizador destas actividades, para as que conta, ademais, coa colaboración do Videoclub Ares.