Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 09 de Marzo de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares aproba por unanimidade o POS+ 2021 cun investimento total de máis de 545.000 €
29 Xaneiro 2021 14:24
O Concello de Ares aproba por unanimidade o POS+ 2021 cun investimento total de máis de 545.000 €
O goberno municipal de Ares presentou no Pleno de hoxe a súa proposta para o Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS+2021), que foi aprobada por unanimidade e supón un investimento total que ascende a 546.316,15 €.

A través desta liña de financiamento, que este ano inclúe fondos para gastos sociais extraordinarios por importe de 83.373,11 €, o Concello destinará 328.670,91 € a proxectos de obras, mentres que o restante se aplicará para sufragar gastos correntes.

No tocante ás obras, un dos proxectos impulsados polo goberno local é o de adecuación do depósito de Os Castros e instalación de grupo de presión, por un importe de 149.763,25 €.

A actuación implica a adecuación dos depósitos de auga (impermeabilización da cuberta e do interior dos muros e soleiras) e renovación dos elementos de caldeiraría e equipos dentro da cámara de chaves para poñer en funcionamento o depósito de auga nas condicións axeitadas de servizo, solventado unha parte do problema da falta de presión.

Outro dos proxectos, dentro do POS complementario, é o da mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol Prados Vellos, ao que se destinarán 58.834,46 €.

A intervención consiste na substitución das actuais torres de iluminación halóxenas para a mellora da eficiencia enerxética e da calidade lumínica, coa dotación de novas luminarias tipo LED, o que tamén suporá mellorar a accesibilidade e a seguridade nas instalacións.

O terceiro proxecto, tamén dentro da liña complementaria, é o de urbanización e desvío do camiño do colexio segundo o PXOM , que suporá un investimento de 51.456,77 €. Trátase do desvío do camiño de Maciñeiras coa esquina da rúa Celso Emilio Ferreiro, cun novo trazado en cumprimento co planeamento urbanístico, co que se mellorarán as comunicacións no entorno do colexio e que permitirá executar a futura ampliación do centro.

O cuarto proxecto impulsado polo goberno municipal é o de execución dun aparcamento no Club de Tenis de Redes, cun orzamento que ascende a 68.616,77 €.

A actuación contempla a dotación dunha nova zona de estacionamento nunha parcela de 3.470 metros cadrados situada na parte norte do Club de Tenis, con capacidade para 136 vehículos.

O Concello habilitará esta área grazas ao acordo suscrito coa entidade deportiva. Os traballos consistirán no acondicionamento do terreo, con acabado en losa céspede na parte de aparcamento e formigón nos viais de circulación. Ademais, realizarase o peche do perímetro, xunto con traballos de xardinería e sinalización.

Esta obra compleméntase coa de acondicionamento do aparcamento que quedará para uso privado dos socios, por un importe de 33.621,30 €, que se executará con fondos propios.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares