Acto de entrega do cheque-agasallo da campaña en apoio a hostalería e comercio local MerAres
22 Decembro 2020 15:00Hoxe a Casa do Concello acolleu o acto de entrega do cheque-agasallo por valor de 500 euros da campaña en apoio a hostalería e comercio local MerAres.
A gañadora, Ana Belén Permuy, recibiu o seu premio de mans da concelleira de Turismo, Lucía Blanco, co que poderá realizar compras ata completar o importe en calqueira dos establecementos adheridos á iniciativa.
Lembra que a campaña prolongarase ata o 18 de xaneiro e que as compras en Ares teñen premio.
Aínda quedan moitos por repartir!