A concellleira de Deportes, Noelia Montero, e o adestrador Chiqui Barros, presentaron hoxe no Concello a V edición do Campus Chiquibásquet Nadal Ares.
A actividade deportiva desenvolverase os próximos días 28, 29 e 30 de decembro, en horario de 10 a 13 horas, no pavillón polideportivo. As prazas estarán limitadas a 20, co establecemento dos grupos e medidas que esixe a situación actual.
As inscricións deberán tramitarse antes do luns 21 de decembro nos correos electrónicos
chiquibasquet@gmail.com e
chiquibase@yahoo.es, así como na web do campus,
chiquibasquet.wordpress.com. Poderase solicitar máis información a través da propia web ou no teléfono 676408520.
O custe do campus será de 45 € e 40 € para a segunda inscrición familiar. A inscrición para participar no campus inclúe um tentempé diario, xunto cun diploma e un agasallo conmemorativo ao rematar.