Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 12 de Agosto de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Aparcares.com

Ares desde o Mar 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Anulación da convocatoria das Escolas Deportivas de Verán 2020
13 xullo 2020 10:00
A Concellaría de Deportes quere informar de que unha vez transcorrida unha semana dende a apertura do prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Verán 2020, cun escaso número de solicitudes (só seis en total) para tomar parte no programa de verán adaptado por causa da COVID-19, e quedando tan só un día de inscrición antes do comezo, o que complicaría o proceso de apertura das actividades para o día 15, unido ás circunstancias que estamos a vivir, coa aparición noutros territorios galegos de brotes de especial relevancia, co ánimo de non asumir riscos innecesarios, decídese anular dita convocatoria.

Así mesmo, desde a Concellaría de Deportes lémbrase que xa está dispoñible a posibilidade de alugueiro das pistas de padel de Pedrós que funcionarán ata o mes de setembro en horario de mañá e de tarde. Para alugar é preciso acudir ao pavillón deportivo municipal, en horario de 9 a 13,30 h, e reservar no horario que se desexe utilizar a instalación deportiva composta de dúas pistas de padel. Os venres poderá alugarse para o fin de semana.

Tamén funcionará con normalidade o ximnasio deportivo municipal tras as adaptacións feitas por causa da COVID-19, tales como a ampliación do ximnasio a dependencias anexas, colocación de hidroxeles, rodos de acceso húmidos/secos, etc. O ximnasio municipal ten abertas as súas portas nos meses de xullo e de agosto, de 9 a 13,30 h de luns a venres. Para acudir precísase ser maior de 16 anos e rexistrarse coma usuaria/o no pavillón deportivo municipal.

Por último, lémbrase que as sendas municipais para a práctica do BTT e sendeirismo están totalmente operativas, tras as labores de desbroce realizadas polos servizos municipais. Cabe destacar tamén o traballo feito polo club Pulpeiros BTT, no mantemento doutros camiños para a práctica deportiva.

Desde a Concellaría de Deportes pídese comprensión coa decisión adoptada por responsabilidade social e co ánimo de facer un verán máis seguro a todas e a todos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares