Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 09 de Abril de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller
04 Marzo 2020 14:16
O Concello de Ares organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller
Os actos repartiranse en varias xornadas e centraranse en marchas reivindicativas, obradoiros de formación para o alumnado e unha representación teatral

O CIM do Concello de Ares organiza diversas actividades con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O programa de iniciativas dará comezo mañá, día 5, cun obradoiro formativo que se desenvolverá no CPI As Mirandas no que se abordarán distintos aspectos relacionados coa igualdade. Na primeira sesión participará o alumnado de 2º da ESO e o xoves 12 tocaralle o turno ao curso de 1º da ESO.

Os actos conmemorativos proseguirán coa I Andaina Móvete pola Igualdade o próximo sábado 7 de marzo a partir das 17.30 horas. A actividade está aberta a tódolos públicos e contará con dous circuitos; unha marcha curta de 1,5 km de distancia e outra longa cun percorrido de 3 km, cun itinerario que discorrerá polas principais rúas da vila, podendo realizarse a pé ou ben optar por correr ou utilizar algún medio como a bicicleta ou os patíns.

Á chegada ao punto de partida na Praza da Constitución, entregarase un agasallo conmemorativo e terá lugar unha degustación saúdable para os participantes. Ademais haberá unha zona de xogos para os máis pequenos.

O luns, día 9, celebrarase unha nova marcha con saída do CPI As Mirandas ás 13.00 horas, organizada polo CIM en colaboración co centro educativo, na que participará activamente o alumnado e na que tamén poderá tomar parte todo o público en xeral.

O percorrido polas rúas de Ares será de aproximadamente 1 km ata chegar á praza da Constitución, onde terá lugar a lectura dun manifesto.

Os actos completaranse o luns 16 de marzo coa representación teatral de Tabú, obra de Carmen Conde, que ofrecerá un espectáculo basado en relatos vitais de distintas mulleres. A actuación terá como escenario a Alianza Aresana e dará comezo ás 16.15 horas. A iniciativa está organizada pola concellaría de Benestar Social e Igualdade en colaboración coa área municipal de Cultura.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares