Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza a primera Marcha pola Igualdade con motivo do Día Internacional da Muller
18 Febreiro 2020 14:05
O Concello organiza a primera Marcha pola Igualdade con motivo do Día Internacional da MullerO Concello organiza a primera Marcha pola Igualdade con motivo do Día Internacional da Muller
A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe a edil Victoria Montenegro, organiza con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a I Andaina Móvete pola Igualdade, como actividade principal do seu programa conmemorativo.

Tal e como informou hoxe a responsable na Comisión informativa da área, a iniciativa, baixo o lema Móvete pola Igualdade, desenvolverase o próximo sábado 7 de marzo a partir das 17.30 horas. O lugar de saída será a Praza da Constitución e os participantes poderán facer a marcha a pé ou ben optar por correr ou utilizar algún medio como a bicicleta ou os patíns. Cada grupo contará con guías que encabezarán a actividade e monitores deportivos para a sesión de quencemento previa.

A iniciativa está aberta á participación de tódolos públicos e contará con dous circuitos; unha marcha curta de 1,5 km de distancia e outra longa cun percorrido de 3 km. O itinerario previsto serán os lugares da praza da Igrexa, o paseo marítimo, a avenida de Mugardos, avenida Federico García Expósito e Parque Rosalía de Castro. Á chegada ao punto de partida na Praza da Constitución, entregarase un agasallo conmemorativo e terá luga runha degustación saúdable composta por froitas variadas e augas. Ademais haberá unha zona de xogos para os máis pequenos.

A concelleira explicou que se trata de organizar un evento activo, conxugando a realización dunha actividade física ao aire libre coa concienciación, participación e convicencia veciñal. Tamén indicou que se establece un período de inscrición, poidendo apuntarse nas propias dependencias municipais ou nos diversos centros sociais acudindo á Alianza Aresana, Servizos Socias, pavillón municipal, complexo acuático O Castro, CPI As Mirandas, IES Mugardos, Escola Infantil, así como no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, CIRS de Cervás e Agrupación Instructiva de Caamouco. O prazo para anotarse remata ás 13.00 horas do martes 3 de marzo. Cada participante deberá retirar en días previos un dorsal que deberá portar na xornada. Non haberá calificacións pois terá un carácter non competitivo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares