Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 21 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal
05 Febreiro 2020 14:00
Ares aproba o Plan Xeral de Ordenación MunicipalAres aproba o Plan Xeral de Ordenación MunicipalAres aproba o Plan Xeral de Ordenación MunicipalAres aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal
A firma do PXOM viviuse esta mañá na Casa Consistorial con moita emoción. Trátase dun momento clave para o Concello de Ares que, tras un longo período de traballo rexido polas Normas Subsidiarias de 1978, atopábase pendente do trámite de aprobación definitiva polos órganos competentes da Xunta de Galicia.

Ao acto de sinatura de hoxe asistiron o alcalde do municipio, Julio Iglesias; e a conselleira de Medioambiente, Ángeles Vázquez; xunto coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas; e membros da Corporación municipal.

Tras a firma a orden de aprobación se publicará no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O PXOM entrará en vigor unha vez publicado o texto refundido, recollendo as condicións a xustificar reflectidas na orden.

Iglesias quixo destacar e agradecer a labor de todos os que traballaron na realización do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que se trata dun proxecto no que o Consistorio leva traballando desde 2007, cando o Plan Xeral anterior fóra anulado pola Xustiza, redactando e plantexando ante as distintas administracións o novo documento que rexerá as normas urbanísticas do municipio durante os próximos anos.

Tal e como resaltou o alcalde, desde a entrada no goberno "adicouse gran parte dos esforzos a este asunto". Entre as mencións quixo destacar "aos veciños de Ares, porque sempre amosaron a súa madurez para sacar adiante un proxecto imprescindible na defensa do interés xeral de Ares”, “froito do traballo e a colaboración constante" coa Xunta de Galicia, dando como resultado un "plan que incorpora tanto a extensión de núcleos como a consolidación dos existentes e a dotación de solo para infraestruturas fundamentais para o futuro do municipio”.

CONTIDO
O novo Plan Xeral, no marco da lexislación urbanística en vigor, a Lei 2/2016 do solo de Galicia, clasifica todo o término municipal distinguindo entre catro tipos de chans que son o solo urbano, solo de núcleo rural, solo urbanizable e solo rústico.

Con respecto ao solo urbano e en comparación ao Plan do 99, mantéñense os núcleos urbanos de Ares e Redes, ao que hai que sumar un terceiro núcleo, a urbanización de Mariña do Pombal en Caamouco.

En canto ao chan urbanizable, o Plan Xeral incorpora dúas actuacións, unha de carácter residencial ao Noroeste do núcleo urbano de Ares, entre éste e o núcleo rural de Lubre, que servirá para garantir o futuro crecemento da capital municipal, e outra de carácter industrial ao Norte do Castro de Ares, coa intención de favorecer a implantación no termo municipal de pequenas industrias, talleres e actividades de uso terciario.

Polo que respecta aos núcleos rurais, o documento supón o seu incremento –en seis novos, dun total de 22- ademais da consolidación dos existentes, o que posibilitará que os propietarios poidan levar a cabo proxectos de construción no rural e a colocación dentro da ordenación dos que xa hai na actualidade.

O novo planeamento supón desbloquear a situación de paralización na que se atopaban os núcleos rurais coa incorporación destes seis núcleos novos con respecto ao Plan do ano 1999 –San Roque, camiño de Pedrós e Loureiros, na parroquia de Ares; A Rúa e Rodelas, na parroquia de Caamouco; e Carballo, na parroquia de Cervás- que se suman aos xa existentes no Plan anterior que son Alto de Simou, Besoxo, Lubre, Maiobre, Pedrós e O Penedo na parroquia de Ares; Carballás, Ixobre, A Malata, O Pallizo, Outeiro de Barracido, Seselle, A Solaina e o novo núcleo resultante da fusión de Curmá-Mazaído-As Pezoas-O Raso na parroquia de Caamouco; e Cervás e Chanteiro na parroquia de Cervás.

Por último, en relación ao chan rústico, o Plan Xeral considera como de especial protección aqueles terreos que o merecen de conformidade co establecido na lexislación sectorial de aplicación (Costas, Augas, Patrimonio, Estradas…) clasificando o resto do termo municipal como chan rústico de protección ordinaria. Neste sentido é importante sinalar en comparación co Plan do 99 que desaparecen os chans rústicos de protección agropecuaria e forestal.

Outra das importantes melloras que contempla o novo documento será a dotación de solo para infraestruturas, equipamentos e zonas verdes. Estas novas incorporacións supoñen a reserva de terreos para a execución de proxectos futuros no municipio.

No caso das infraestruturas cabe sinalar a variante de Ares (conexión estradas AC-123 e AC-130); conexión das estradas DP-0404 e AC-123, a través do parque empresarial, completando a variante de Ares; viario de acceso ao aparcadoiro localizado en Redes; como alternativa para desconxestionar o tránsito rodado, favorecendo o acceso residencial e a mobilidade peonil no interior do centro urbano; viario que discorre polo chan urbanizable residencial en Lubre; ademais de servir de eixo vertebrador desta actuación servirá para mellorar a permeabilidade do solo urbano, ofrecendo novas alternativas tanto de entrada como de saída do núcleo urbano; aparcadoiros de servizo ás praias en Chanteiro, Seselle ou O Raso; e aparcadoiro de servizo ao cemiterio de Caamouco.

En canto aos equipamentos destacan a dotación de solo para a construción dun novo cementerio, o uso de terreo destinado a equipamento educativo para a ampliación do CPI As Mirandas, a reserva de terreos para equipamentos deportivos no Complexo deportivo de Pedrós e instalacións deportivas xunto ao campo de fútbol de Ares; centro de interpretación do patrimonio militar; mosteiro de Santa Catalina de Montefaro e baterías.

En relación ás zonas verdes o novo documento incorpora a mellora do borde costeiro da Praia de Chanteiro e da contorna da Ermida da Nosa Señora da Mercé; espazo natural da Xunqueira; parque urbano de Redes; parque Castro de Lubre; parque Castro de Ares; área recreativa Ameneiral na Praia de Seselle; zona verde na praia do Raso e zona verde en batería de Redes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares