Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 06 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
As áreas de cultura e deportes contan cun completo programa de actividades para as Festas do Nadal
13 Decembro 2019 14:55
As áreas de cultura e deportes contan cun completo programa de actividades para as Festas do NadalAs áreas de cultura e deportes contan cun completo programa de actividades para as Festas do Nadal
A programación inclúe obradoiros, un maratón solidario, o certame de panxoliñas e numerosas actividades deportivas

A administración local, a través das súas concellarías de Cultura e Deportes, dirixidas por Alma Barrón e Noelia Montero, promove un intenso programa de actividades co gallo das Festas do Nadal, que ten como protagonistas principais aos máis pequenos e está pensado para o disfrute en familia.

Así, na tarde de hoxe, a partir das 20.00 horas, Tony Seijas presentará o seu libro “A Chaira” na Alianza Aresana.

Xa o luns, día 16, tamén na Biblioteca, tocaralle o turno a un contacontos con nenos da Galiña Azul, actividade que se repetirá ao día seguinte, no mesmo horario de mañá.
Pola tarde, o martes 16, os nenos e nenas de catro a doce anos poderán participar no obradoiro “Decoramos as nosas portas”. A actividade desenvolverase na Biblioteca a partir das 18.00 horas.

O xoves 19, ás 10.30 horas desenvolverase unha actividade deportiva de duatlón escolar “Corre e dalle ao pedal” na que participarán os alumnos do CPI As Mirandas, que partirán do colexio e percorrerán o paseo marítimo da vila.

Tras isto, tocaralle o turno á celebración da IX edición do Maratón Solidario, XVII Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta iniciativa, organizada polo CPI As Mirandas, comezará ás 12.00 horas dende o propio centro escolar, para voltar ao mesmo punto despois de percorrer as rúas do pobo.

Ese mesmo día, a partir das 19 horas, a Biblioteca Municipal acollerá un acto literario coa presentación do libro “Estaciones” de Jon Rodríguez, acompañado de Enrique Ramil.

O venres 20 a Biblioteca Municipal acollerá outra actividade, neste caso un obradoiro de postais de Nadal. Esta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de catro a doce anos, comezará ás 16.30 horas.

O mesmo día, a partir das 18.00 horas, ao pavillón deportivo municipal será o escenario dunha exhibición de ximnasia rítmica a cargo do Club Esquío.

Na xornada seguinte, o sábado 21, terá lugar nas mesmas instalacións outra actividade deportiva, neste caso dirixida aos afeccionados ao baile cunha exhibición de danza moderna ás 12.00 horas, a cargo da escola COMP-ARTE.

Pola tarde o Certame de Panxoliñas será o protagonista. O evento, que celebra a súa novena edición, e que cada ano obtén un grande éxito de participación e público, desenvolverase na Igrexa de San Xose a partires das 19.45 horas.

Xa o luns 23, a Biblioteca Municipal será o escenario dunha actividade lúdica e creativa de xogos de pistas na escuridade “Papá Noel, agochado na Biblioteca” (ás 19.00 horas para nenos e nenas de 3 a 5 anos).

Ao día seguinte, o martes 24, terá lugar a tradicional Cabalgata de Papa Noel. A cabalgata saíra ás 16.30 horas da Praza do Pedregal de Redes, facendo un percorrido por tódolos lugares e principais rúas de Ares, para rematar no edificio da Alianza Aresana, lugar onde Papa Noel recibirá a tódolos nenos e nenas que desexen entregarlle a súa carta.

O xoves 26 terá lugar no Pavillón deportivo municipal unha nova edición do campus de baloncesto “Chiquibasquet de Nadal”. A actividade, que se impartirá de 10 a 13 horas, esta dirixida a nenos e nenas de 5 a 18 anos de idade (o campus ofrecerá dúas sesións máis, previstas para os días 27 e 28 de decembro).

Tamén o xoves 26, as disciplinas de futbolín e billar centrarán dous campionatos na Casa da Xuventude, en horario de 10 a 14 e de 12 a 14 respectivamente.
O venres 27 a Casa da Xuventude albergará un novo torneo, neste caso de tenis de mesa, de 10 a 14 horas.

Pola tarde a Biblioteca Municipal acollerá un novo obradoiro de contacontos, “Cuarto de contos”. Será a partir das 17.00 horas, para nenos e nenas de tres a dez anos.

Xa o domingo, día 29, a actividade central será a XV Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugaros. A cita deportiva, que congrega cada ano a centos de participantes e conta cun percorrido de 10 quilómetros, desenvolverase a partir das once da mañá e contará con sorteos e agasallos entre os participantes que cheguen á meta. Os interesados en participar, de 16 en adiante, deberán inscribirse na web da Federación Galega de Atletismo.

O luns 30 de decembro, de 11.30 a 13.30 horas, o pavillón deportivo municipal acollerá unha actividade de balonmán organizada polo Club Balonmán Narón. As prazas son limitadas polo que haberá que anotarse previamente (ata as 13 horas).
Ademais, ese mesmo día, a Biblioteca Municipal será o escenario dun obradoiro de pastelería creativa (dende as 16.30 ás 18.00 horas horas para nenos e nenas de 3 a 6 anos, e ás 18.30 horas de 7 a 11 anos).

O xoves 2 celebrarase outra actividade de contacontos na Biblioteca Municipal, dirixida a nenos e nenas de tres a dez anos, a partir das 17.00 horas.

Tamén o xoves, de 10.30 a 13.30 horas, desenvolverase no pavillón deportivo municipal unha actividade de Tenis de Mesa coa colaboración do Club de tenis de mesa Cidade de Narón. Os destinatarios da iniciativa son os nenos e nenas a partir de oito anos e tamén adultos. As prazas son limitadas e os interesados en participar poden anotarse nas dependencias do pavillón ata as 13.00 horas do mesmo xoves 2 de xaneiro.

Tamén haberá ocasión para practicar os xogos en rede, cun campionato na Casa da Xuventude, en horario de 10 a 14 horas.

O venres 3 xaneiro a Biblioteca Municipal será o escenario doutro xogo de pistas na escuridade “Busca aos Reis Magos”. Será a partir das 19.00 horas, para nenos e nenas de seis de doce anos.

Os interesados nos videoxogos terán a oportunidade de participar nun campionato que se desenvolverá na Casa da Xuventude, de 10 ás 14 horas.

O pavillón deportivo municipal acollerá unha nova actividade de Balonmán a cargo do Club Balonmán Narón (en horario de 11.30 a 13.30 horas). Os destinatarios serán os nenos e nenas a partir dos oito anos de idade e para os apuntamentos poderán facerse ata as 13 horas do venres 27 de decembro.

Finalmente, o domingo 5 de xaneiro terá lugar polo municipio a tradicional Cabalgata de Reis. A comitiva partirá ás 16.30 horas das Praza do Pedregal de Redes para facer un percorrido por tódolos lugares e principais rúas da vila ata chegar á Bibioteca, onde as Súas Maxestades recibirán aos máis pequenos e haberá unha festa para o disfrute de toda a familia.

Todas as actividades requerirán inscrición previa, que no caso dos obradoiros culturais será na biblioteca municipal, o pavillón municipal para as actividades deportivas e a Casa da Xuventude para as que se celebren nestas dependencias. As prazas serán adxudicadas por orde de apuntamento, polo que os interesados deberán formalizar
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares