Recepción Erasmus+
25 Novembro 2019 13:50O alcalde, Julio Iglesias, xunto á concelleira de Educación, Noelia Montero, presidiron esta mañá no salón de Plenos a recepción aos estudantes e profesores Erasmus + participantes no programa de intercambio co CPI As Mirandas sobre as manifestacións artÃsticas desde as festividades e as tradicións europeas.
O acto contou coa presenza dos 20 estudiantes procedentes de Italia, Grecia, RumanÃa, Polonia e TurquÃa, e os 12 profesores que os acompañan, asà como a profesora coordinadora do proxecto e a directora do centro.
Durante esta semana os estudantes europeos residirán en Ares, polo que os representantes municipais quixeron darlles a benvida á localidade e desexarlles o aproveitamento dunha experiencia tan enriquecedora.