Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 23 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares invertirá preto dun millón de euros en obras antes de finalizar o ano
24 Setembro 2019 08:29
O Concello de Ares invertirá máis de 800.000 en obras antes de finalizar o anoO Concello de Ares invertirá máis de 800.000 en obras antes de finalizar o anoO Concello de Ares invertirá máis de 800.000 en obras antes de finalizar o anoO Concello de Ares invertirá máis de 800.000 en obras antes de finalizar o ano
O Concello de Ares informa das obras que ten previsto executar nos próximos meses e que estarán rematadas antes de finalizar o ano, grazas aos proxectos promovidos pola administración local e as xestións para dotalas de financiación, cun investimento total preto dun millón de euros, que suporá importantes melloras nos servizos e equipamentos para os veciños e veciñas en diversas zonas do municipio.

Deste xeito, seguindo coa política de posta en valor do patrimonio, o Concello de Ares dará un novo paso na antiga casa reitoral da vila, que estará destinada a usos municipais unha vez que o Concello complete as sucesivas fases de restauración. Neste sentido, unha vez realizadas as obras de vaciado interior e demolición da cuberta para garantir a seguridade da edificación, que ascenderon a 35.963,38 € financiados na súa totalidade pola administración local, o Concello dará comezo nas próximas semanas aos traballos para acondicionar a parcela que rodea o inmoble como aparcadoiro público do pobo. O importe ascende a 47.982,65 €, sufragados pola Axencia de Turismo de Galicia.

En canto ás obras de renovación de infraestruturas e pavimentación en diversas zonas do municipio, cabe destacar as que se acaban de rematar na rúa Cisne, por importe de 142.687,57 €. Trátase da primeira fase do proxecto estratéxico de O Porto 2020, co que se renovará toda a rede de saneamento, abastecemento e pluviais, así como a pavimentación cun acabado con formigón pulido, coidando a imaxe deste lugar emblemático do casco urbano de Ares e dando uniformidade ao conxunto.

Nesta liña de renovacións e mellora dos servizos, o Concello iniciou as obras de reestructuración das beirarrúas e acondicionamento de aparcadoiros na rúa Salazón. As intervencións, con cargo ao POS adicional, contan cun orzamento de 36.650,09 €, e tamén incluirán traballos de mellora na rede de pluviais e tramos do saneamento.

Tamén a través de fondos provinciais o Concello iniciará nas próximas semanas as obras de mellora da rede de abastecemento e saneamento na rúa María (no tramo comprendido entre o hostal e o cruce coa rúa Los Ángeles), por un importe que ascende a 145.500,71 €.
A rúa Fomento tamén será obxecto de intervencións que suporán a renovación da rede de saneamento e pluviais no tramo entre a rúa Xuncal e a rúa Franxa, incluindo ademais a mellora da eficiencia enerxética. O importe dos traballos ascende a 39.770,45 € e contan coa financiación do Fondo de Compensación Ambiental.

En Redes, unha vez rematadas as obras de rehabilitación do Alboio de Quinín na Praia de Area Morta (cunha inversión de 36.697,23 € en 2018 e 39.762,44 € en 2019 por parte de Golfo Ártabro), outra importante intervención será a que se executará na zona coñecida como O Calexón, que neste caso servirá para a renovación de infraestruturas e pavimentos. Os traballos, por importe de 98.701,36 €, contan cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente, e suporán a mellora dos servizos para os veciños e a armonización doutro enclave singular do patrimonio histórico e cultural do municipio.

Tamén a administración local iniciará próximamente as obras para a dotación de zona verde e acondicionamento de aparcadoiro nunha parcela situada na praia de Seselle, que contan cun orzamento de 39.991,25 €, financiados neste caso por Golfo Ártabro. A estes traballos en Seselle hai que engadir os que están a punto de rematar para acondicionar e mellorar a entrada ao areal, por un importe de 59.931,75 euros con cargo ao POS adicional.

No tocante ás melloras de viais, o Concello levará a cabo obras no Camiño de Pedrachá en Chanteiro, cun presuposto de 42.159,57 euros, financiadas pola Consellería de Medio Rural, para o acondicionamento do vial mediante a mellora dos servizos de evacuación das augas pluviais e a súa pavimentación. Tamén en Chanteiro o camiño do Curro será obxecto de obras de acondicionamento e reparación en aglomerado, cun importe de 35.073,57 €, a través dunha achega de Agader.

Ás importantes actuacións anteriores hai que engadir as de mellora da eficiencia enerxética que se levarán a cabo na avenida Federico García Expósito e a nova senda que leva a Mugardos, cun orzamento de 117.363,66 €. Trátase dunha obra incluida con cargo ás axudas do IDAE, que tamén mellorarán os servizos na estrada de Chanteiro e na urbanización Marina do Pombal, por importes de 114.605,01 € e 111.752,14 € respectivamente, coa substitución das luminarias por outras de tecnoloxía LED.

Outros traballos que acometerá o Concello nos próximos meses serán os de revalorización do parque fluvial de A Xunqueira, unha vez que recibiu de Golfo Ártabro unha subvención que ascende a 12.110,58 euros cos que sufragarán varias actuacións de dotación de equipamento, como a colocación de papeleira, banco de madeira ou cartelería informativa para os usuarios. Ademais deste investimento, o Concello levará a cabo actuacións de reposición nas seccións ao longo da senda, por un importe de 22.783,80 € procedentes de fondos propios.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares