Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 13 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares presume de legado indiano durante tres días de festa repletos de actividades
19 Agosto 2019 11:59
Ares presume de legado indiano durante tres días de festa repletos de actividadesAres presume de legado indiano durante tres días de festa repletos de actividades
Ares voltará a realizar unha viaxe moi especial no tempo para recrear o seu pasado indiano. Será coa celebración da segunda festa Ares Indiano os días 23, 24 e 25 de agosto, durante os cales a través dunha programación repleta de actos se ensalzará o legado da emigración no municipio

O Evento, organizado pola concellaría de Cultura, servirá novamente para rendir homenaxe á historia da emigración e ás xentes que tras ter que marchar do seu lugar de orixe voltaron e se convertiron en mecenas de diversas iniciativas socioculturais no seu pobo como forma de contribuir ao seu progreso. Veciños e veciñas de Ares, de tódalas idades, que hai máis dun século víronse obrigados a marchar a Sudamérica na procura de mellores condicións de vida, pero que nunca se esqueceron do seu pobo e da súa xente.

Os indianos deixaron en Ares unha fonda pegada que se pode ver tanto nun importante número de vivendas como escolas de instrución; estruturas símbolo dun estilo propio e cosmopolita coas súas características fachadas, balconadas, forxas e adornos que perduran no tempo convivindo e resaltando entre as edificacións actuais.

Para rememorar aquela época e homenaxear a toda aquela emigración poñendo en valor o sacrificio daquelas xentes e tamén a súa aportación no eido cultural, económico, educativo e arquitectónico, organizouse un programa composto por un sinfín de actos durante os tres días de festexos. Este ano, tras unha primeira edición máis centrada na vertente da Instrución, amosaranse outras visións da emigración da época, incorporando novas localizacións e actividades, mantendo tamén as máis exitosas do ano anterior.

Para poder organizar este importante evento o Concello contou unha vez máis coa colaboración dos veciños e estudosos do fenómeno da emigración aresa e escolas de instrución Ernesto López e Javier Vilasánchez. Tamén coa Agrupación Instrutiva de Caamouco ou o CIRS de Cervás, que albergarán exposicións sobre a materia e relatorios temáticos. Asemade co Casino Aresano, cos grupos e asociacións musicais e teatrais locais, que ofrecerán diversas actuacións, e empresas patrocinadoras ( Gadis, Ortegal Oil e Ferretería Sar) e empresas colaboradoras que coas súas aportacións contribúen a poder levar a cabo unha celebración de tal envergadura.

A programación incluirá, entre outros, concentración de coches antigos, photocall, baile tradicional, música cubano-galega, relatorios, exposicións, postos de venda, animación na rúa, xogos populares para maiores e pequenos, visitas guiadas…e contará coa participación dos veciños e visitantes que, coa súa implicación neste iniciativa cultural e turística, ao igual que aconteceu no primeiro ano, contribuirán ao seu éxito e facer que Ares parecera ter regresado aos comezos do s. XX na festa de recibimento dos seus emigrantes.

Como novidade nesta edición sorteará se unha viaxe a Santa Cruz de la Palma, cidade Canaria que conmemora tamen o seu pasado indiano todos os luns de carnaval. Para participar no sorteo xa se puxeron a vendas rifas a 1€ q se poden adquierir nos establementos colaboradores ou na oficina de Turismo.

O venres 23 terá lugar o acto inaugural no edificio do Concello coa presenza e intervención da cónsul de Cuba en España na rexión norte, Yahima Martínez, con izado de bandeira cubana e interpretación do seu himno a cargo da banda AC Xábrega. Seguidamente desenvolverase unha a charla a cargo da cónsul na Alianza Aresana, ao término da cal o trío Blanco y Negro ofrecerá unha actuación. Pola noite, a Praza da Constitución será o escenario para a representación teatral da obra “Estoraque o Indiano”, do grupo A Cova do Trasno. Para rematar a xornada, o Grupo En faldas y a lo Loco escenificará un pasarrúas.

Na xornada do sábado 24 no Parque Rosalía de Castro estará ubicado o espazo denominado Jardines La Tropical, en referencia á famosa finca da cervexería do mesmo nome ubicada na Habana, que acollía as romarías dominicais organizadas polas entidades galegas no exterior, incluida a Alianza Aresana. Alí celebraráse a XI edición da Festa da Xiba e poderase degustar comida e bebida acompañada de música latinoamericana.

Ademais, durante a xornada ofreceranse rutas en barco e roteiros guiados ao patrimonio indiano do municipio en bus histórico por Ares, Redes e Cervás. Durante a xornada tamén haberá momentos para a música coa animación nas rúas e actuacións variadas. Neste día a vila acollerá tamén a chegada dos automóbiles históricos ao paseo marítimo e que recorrerán diversos puntos para o deleite do público. Como Prato Forte do evento, Roi Casal co seu espectáculo Son Galego Son Cubano estará noite na Praza da Igrexa

Simultáneamente aos actos programados en Ares sucederanse diversas actividades tanto en Redes como en Cervás, con relatorios, xogos populares, concertó da coral Estelas do Mar e Parranda la Nuestra.

O domingo proseguirán as rutas en barco e as visitas guiadas ao patrimonio arquitectónico indiano, coa explicación dos expertos sobre as súas singulares edificacións. O Concello será o lugar de congregación dunha ruta de bicicletas clásicas que se pasearán pola zona marítima e as rúas da vila. Xavier Alcalá será o encargado de impartir en Ares o relatorio “Peixiño, un barrio aresano na Habana” e Nicolás Castelo ofrecerá en Redes unha charla sobre arquitectura indiana. Tamén o Parque Rosalía continuará sendo un pequeno rincón da Habana coa degustación de petiscos e bebidas de ultramar. Non faltarán tampouco a música das bandas de gaitas durante, o baile tradicional e os bailes latinos. . Unha xornada repleta de actividades que culminará co concerto do Grupo Son de Camaguey na Praza da Constitución.

Ademáis, os centros da Alianza Aresana,o CIRS de Cervás e a Agrupación Instructiva de Caamouco albergarán durante os tres días exposicións con obxectos e material gráfico sobre a temática.

O Concello confía nunha gran afluencia e en que a iniciativa resultará un éxito como na súa primeira edición grazas á implicación de organizadores, colaboradores e participantes que contribuirán a reivindicar con esta festa unha parte tan importante da historia de Ares que pervive na actualidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares