Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 27 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O director general de Infraestructura de Defensa e o de Patrimonio da Xunta visitarán o vindeiro luns o mosteiro de Santa Catalina
28 Febreiro 2008 12:46
O director general de Infraestructura do Ministerio de Defensa, Jaime Jesús Denis Zambrana, visitará o vindeiro luns, día 3 de marzo, o municipio de Ares co obxectivo de abordar a cesión ao Concello e o futuro do mosteiro de Santa Catalina. Ademais de Denis Zambrana, acudirá a esta cita o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, responsable do organismo que está a redactar o Plan Director do cenobio.
A chegada do director de Infraestructura de Defensa á Casa Consistorial aresana está prevista para as 10.00 horas. Neste lugar, Denis Zambrana será recibido polo alcalde, Julio Iglesias, o director xeral de Patrimonio e a corporación municipal. Un cuarto de hora máis tarde, celebrarase unha reunión entre os responsables das diferentes Administracións (Goberno central, Xunta e Concello), na que se analizarán as diferentes formas de colaboración para recuperar o cenobio e se abordarán cuestións tales como o plan director e a cesión do mosteiro por parte de Defensa ao Concello de Ares.
A continuación, a comitiva visitará Santa Catalina e as baterías de costa, propiedade tamén do Ministerio, do Segaño, A Bailadora e Fuenteseca. Con este percorrido poñerase fin á visita, acordada nunha reunión mantida hai uns meses en Madrid entre o alcalde e o director general de Infraestructura.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares