Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 31 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza a XXIV Travesía a nado “Ría de Ares”
20 xullo 2019 11:06
O  Concello organiza a XXIV Travesía a nado “Ría de Ares”O  Concello organiza a XXIV Travesía a nado “Ría de Ares”O  Concello organiza a XXIV Travesía a nado “Ría de Ares”O  Concello organiza a XXIV Travesía a nado “Ría de Ares”
A actividade deportiva terá lugar este sábado, día 20, na Rampa Grande e as persoas que desexen participar poden inscribirse na páxina web de Ranckr.

Continuando coas citas deportivas do verán, ducias de persoas participarán este sábado, día 20 de xullo, na XXIV Tavesía a nado Ría de Ares, unha das actividades promovidas pola Administración local máis exitosas e que cada edición rexistra un maior número de inscritos.

Neste sentido, desde a Concellería de Deportes, que dirixe a edil Noelia Montero, lémbrase que se alguén quere participar na proba debe rexistrarse a través de ranckr (en info@ranckr.com) cun custe de 3 € e de 5 € se a inscrición se fai tamén para a travesía de Mugardos do 3 de agosto. Ademais, se non se está inscrito haberá 20 prazas reservadas para poder facelo o mesmo día da proba na propia rampa grande- lugar de inicio desta actividade- ata unha hora antes da saída, prevista para as 18:00 horas.

En total, haberá cinco categorías por idades: a A, para nacidos en 1988 e anteriores; a B, para nacidos entre 1989 e 1999; a C, de 2000 a 2005: a D, para os nacidos no ano 2006 e posteriores; e a Categoría Popular, na que poderán tomar parte os participantes de todas as idades e na que se permitirá o uso de calquera material auxiliar.

As distancias, así mesmo, serán fixadas en función das categorías, sendo 1.000 m de percorrido a nado para os inscritos na categoría A, B e C ; 400 m para a categoría D e, finalmente, 100 m para os apuntados na categoría Popular.

No que se refire aos premios, a organización entregará trofeos para os gañadores absolutos da travesía e medallas aos tres primeiros clasificados en cada categoría, tanto en masculino como en feminino. Tamén haberá unha mención especial para o nadador máis novo e outra para o máis veterán. Ademais dos trofeos, o Concello entregará un agasallo para todos os participantes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares