Recepción institucional á ximnasta Carla Vilasánchez
04 xullo 2019 12:18Este domingo, día 7, ás 12.00 horas, o salón de Plenos do Concello de Ares acollerá unha nova recepción institucional á ximnasta Carla Vilasánchez, en sinal do recoñecemento aos excelentes resultados no Campionato de España de Rítmica, no que acadou a medalla de prata en corda e a de bronce en cita, na categoría junior.
O Concello de Ares rendirá homenaxe á deportista polos seus logros, que a converten nunha das figuras máis brillantes da ximnasia rítmica española, cunha imparable e prometedora carreira na elite.
O acto contará coa participación dos representantes municipais e familiares, ademais de todos os veciños e veciñas que desexen apoiar coa súa presenza á protagonista.