Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 04 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O CIM do Concello De Ares organiza dúas Xornadas Sobre Violencia de xénero dirixidas a escolares e Policías Locais
18 xuño 2019 12:55
O CIM do Concello De Ares organiza dúas Xornadas Sobre Violencia de xénero dirixidas a escolares e Policías Locais
Estas iniciativas, que terán lugar o xoves 20 de xuño, contemplan un programa de conferencias que se impartirán na Alianza e no CPI As Mirandas

O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Servizos Sociais, en colaboración coa Secretaría de Estado de Igualdade, organiza dúas xornadas formativas sobre a violencia de xénero dirixidas a escolares e policías locais, que se desenvolverán este xoves, día 20, no CPI As Mirandas e na Alianza Aresana respectivamente.

Estas actividades, da área que dirixe a concelleira socialista Victoria Montenegro, contan cun programa moi completo, que inclúe conferencias de profesionais do eido social, con formación específica en igualdade e violencia de xénero.

Segundo informou a propia concelleira, as ponencias organizadas no CPI As Mirandas, que darán comezo ás 12 da mañá e contan cunha duración aproximada de dúas horas, teñen como destinatarios ao alumnado do 1º e 2º curso da ESO. Trátase dun obradoiro pola igualdade de xénero, baixo o título de Programa de Sensibilización en Igualdade a través do Hip-Hop, e inclúe conferencias impartidas por especialistas na temática, ademais do desenvolvemento doutro tipo de actividades didácticas máis dinámicas, como a representación dun baile.

No tocante á xornada prevista na Alianza Aresana, trátase do curso de formación I Intervención Policial en Violencia de Xénero, nesta ocasión dirixido a policías do ámbito local. O encargado de impartir o curso será José Ángel Ruibal, inspector da Policía Local de Pontevedra e responsable do Grupo de Protección de Víctimas. A formación levarase a cabo durante toda a xornada, en horario de 10.00 a 19.30 horas, e para a apertura contará coa presenza do alcalde, Julio Iglesias, así como representación da subdelegación do Goberno, pendente de confirmar.

Ambas actividades desenvólvense cos fondos para os Concellos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, dentro da realización de campañas de sensibilización e prevención de calqueira forma de violencia contra as mulleres.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares