Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 16 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares presenta a celebración das Alfombras Florais do Corpus Christi
24 Maio 2019 13:08
Ares presenta a celebración das Alfombras Florais  do Corpus ChristiAres presenta a celebración das Alfombras Florais  do Corpus ChristiAres presenta a celebración das Alfombras Florais  do Corpus ChristiAres presenta a celebración das Alfombras Florais  do Corpus Christi
Esta festa, a máis importante da zona, terá lugar o domingo día 23 de xuño

O Concello de Ares colabora un ano máis na festa das Alfombras florais, que se celebra para festexar o Corpus Christi. Este ano, será o domingo 23 de xuño cando as principais rúas de Ares amencerán cos magníficos debuxos elaborados con flores nos seus solos.

Precisamente esta mañá déronse a coñecer no Concello os carteis e trípticos divulgativos e informativos da celebración, que foron editados grazas á colaboración da Diputación Provincial.

No acto de presentación participaron as representantes da agrupación que aglutina aos voluntarios que a fan posible, a Asociación Alfombra Floral de Ares, coa súa presidenta Teresa Muíños ao fronte, xunto co alcalde do municipio, o socialista Julio Iglesias, e a concelleira de Cultura, Alma Barrón.

Nestes folletos, con texto elaborado por Jesús Vilasánchez, inclúense fotos da festa e do proceso de elaboración das alfombras, e neles cóntase como desde o ano 1986 o Concello de Ares consolídase como unha das localidades do norte galego que con máis entusiasmo popular celebra a festividade de Corpus Christi alfombrando con flores varias rúas da localidade.

A súa orixe remóntase a un 2 de xuño de 1983 cando algúns veciños colocan na rúa, diante das portas das súas casas, unha mesiña cun xarro de flores enriba dun pequeño pasillo de espadana, onde faría parada a procesión relixiosa. Ao ano seguinte manteñen eses detalles e incorporan nunha das rúas un gran escudo de Galicia feito con flores e algo máis elaborado.

Chegado 1985 xa se confecciona un pequeno tramo de alfombra floral entre dúas casas da mesma rúa con debuxos e cenefas, sendo ao ano seguinte cando comeza a cubrirse toda a lonxitude actual. Será en 1992 cando a organización desta celebración toma carácter oficial coa creación da Asociación Floral de Ares, subdividida en sete tramos que se reducen a seis no 1997 ao unificarse dous existentes. A superficie cuberta é de 1.000 metros de longo por tres metros de ancho, á que hai que engadir os motivos que cubren varias das prazas do percorrido. Desde 2011 esta tradición está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Tal e como se explica no material presentado hoxe, calcúlase que cada ano utilízanse 15 toneladas de verde e flor. O traballo comeza aproximadamente un mes antes do Corpus, coa colleita dos materiais vexetais e doutra índole –aínda así, ao longo do ano vanse gardando outros compoñentes non perecedoiros que se empregan para o embelecemento das rúas-. É no último mes no que, como “unha gran familia”, os veciños reúnense por grupos –por tramos de viais- para cortar o verde e preparar todo o necesario para elaborar as alfombras, que teñen na madrugada do sábado ao domingo a xornada de maior intensidade e, por suposto, traballo. Durante toda a noite, ducias de cidadáns de todas as idades traballan a reo para que a primeira hora da mañá as rúas luzan cos máis fermosos deseños florais.

Este ano, o programa relixioso inclúe o Triduo de preparación, que se desenvolverá entre o xoves 19 e o sábado 22, e a misa solemne do mesmo día 23. Esta celebración relixiosa terá lugar ás 17.00 horas na igrexa parroquial de San Xosé e, como ven sendo habitual, a continuación levarase a cabo a procesión –na que é tradición que participen os nenos e nenas que ese día fan a súa Primeira Comunión-, que realizará o percorrido da Alfombra.

Desde a agrupación veciñal faise un chamamento á participación nestes actos, ao tempo que expresan o seu agradecemento pola contribución prestada aos veciños do municipio e da comarca, á Deputación, á Xunta de Galicia, Abanca e ao Concello de Ares. A colaboración materializouse, como en anos anteirores, a través dos folletos informativos e este ano inclúe como novidade material promocional -concretamente unhas riñoneiras- para a súa venta. Ademais, introducirase a difusión da campaña “Agresión off” de prevención contra a violencia de xénero, promovida polo Ministerio de Igualdade e a Xunta de Galicia, coa distribución de bolsas e paraugas co lema da campaña, xunto co decálogo con normas e consellos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares