O CIM do Concello de Ares organiza unha conferencia dentro dos actos conmemorativos do 8 de marzo
15 Marzo 2019 15:09A charla, impartida pola profesora en Dereito Belén Trigo, terá lugar o luns, día 18, ás 18.00 horas no salón de actos da Alianza Aresana
A Concellaría de Muller, a través do CIM, organiza unha conferencia dentro dos actos conmemotarivos do 8 de marzo. Neste caso trátase dunha charla que terá lugar este luns, día 18 de marzo, ás 18.00 horas no salón de actos da Alianza Aresana.
O coloquio, baixo o título de “Imaxen profesional e discrimación cotidiana: unha visión xurisprudencial”, estará impartido pola profesora en Dereito da USC Belén Trigo, e terá como eixo principal as situacións de discriminación da muller tanto no ámbito personal coma profesional, abordando a temática desde unha perspectiva xurídica. A avogada do CIM Beatriz Sestayo será a encargada de moderar o coloquio.
Desde esta área municipal faise un chamamento para asistir a esta actividade, aberta á tódolos públicos, que se considera de grande utilidade no eido da educación e da formación.